Opinión | Res Pública
Coidar a democracia
O que estamos vendo nos Estados Unidos dá medo. Unha das democracias máis avanzadas e ricas do mundo pode, en cuestión de meses, transitar cara equilibrios impensables. E se pasa alí, como non vai poder facelo noutras partes. A preocupación está xustificada.
A esencia do problema é sinxela. A medida que o mundo no que vivimos se vai facendo máis complexo, pola globalización e a interdependencia, polo desenvolvemento tecnolóxico exponencial e polo ecosistema que definen as redes sociais, entre outros factores, aparecen máis retos para as democracias. Retos complexos que requiren solucións complexas e equilibradas. Se unha maioría de cidadáns non está disposta a facer ningún esforzo de informarse criticamente e perden a confianza nos partidos políticos tradicionais, é inevitable que trunfen movementos populistas nos extremos. Movementos que defenden solucións simples e, na meirande parte dos casos, erróneas. Mais unha vez que chegan ao poder, o hábil manexo do relato fai que a verdade non sexa o que importa, que a verdade sexa indefinida. O camiño ás pulsións autocráticas está servido.
Neste contexto, só cabe apelar a tres cousas. A primeira, facer o posible para que os cidadáns estean mellor informados. Neste punto, os medios de comunicación tradicionais necesitan apoio pero tamén asumir un maior compromiso co código deontolóxico da profesión; e a sociedade civil e as universidades públicas teñen que dar un paso adiante para que os debates serios se impoñan. A segunda, é que os partidos reforcen o seu capital humano interno, pero tamén externo; que interacionen moito máis coas persoas que saben dos diferentes asuntos. E que asuman compromisos de respecto as formas e ao fondo no debate político. Porque no ruído e no insulto sempre gañan os extremistas. A terceira cuestión ten moito que ver co anterior. Os partidos que están dispostos a facer política con argumentos fundamentados deberan darse prioridade entre si nos acordos e apoios, por riba de diferencias ideolóxicas.
En grao diverso, todos temos certa responsabilidade no que está a pasar.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros
