Opinión | In Memoriam
Don Santiago Ferreiro, profesor e párroco en Compostela
Onte, xoves, 19 de febreiro despediamos a don Santiago Ferreiro, entrañable e extraordinario profesor e párroco compostelá, que viña de cumprir 93 anos.
Don Santiago era un home moi querido por todos na nosa cidade, que sempre tivo por lema axudar os máis necesitados e as súas campañas contra a pobreza estrema mereceron sempre o aplauso de todos. Pertencía a unha familia moi coñecida e querida en Compostela, o seu cuñado Albino Otero foi durante moitos anos prestixioso interventor no concello de Santiago.
Na primeira etapa da súa vida, despois dos seus estudos, don Santiago estivo dedicado principalmente ao mundo do ensino. Profesor no Instituto Rosalía de Castro e capelán no Colexio das Orfas, don Santiago Ferreiro significouse sempre por ser un home de diálogo e concordia que buscaba ilusionar o seu alumnado na procura de construír un mundo no que cada día fora máis ilusionante vivir. Nesta faceta don Santiago Ferreiro foi un auténtico mestre que sabía repartir entre o seu alumnado cariño e apoio a raudales nos momentos en que as dificultades aparecían ao longo do curso académico, dificultades que moitas veces non eran só de tipo académico.
Na segunda etapa da súa vida, que empeza coa súa xubilación académica, don Santiago Ferreiro exercerá de párroco de Santa María do Camiño, de San Benito do Campo e Reitor da capela de Ánimas.
A función dun párroco como a entendía don Santiago é moi complexa e empeza a miúdo na situación económica dos seus feligreses en momentos de crise. Na crise de 2008, nunha cidade que ás veces non vemos, don Santiago tivo feligreses incluso dun medio social medio-alto que se quedaron sen traballo e que non tiñan recursos para vivir.
Contábame don Santiago que cos donativos que recollía preparaba de noite bolsas con comida que repartía pola mañá e que a un pequeno grupo tiña que entregárllelas moi cedo a escondidas porque non podían asumir a súa situación de pobreza na contorna na que vivían. Para don Santiago Ferreiro ocuparse desta situación era tamén a súa obriga como párroco.
Coincidirán comigo que estes días estamos a despedir a un home dunha extraordinaria dimensión humana como profesor e como párroco.
Descanse, pois, en paz don Santiago Ferreiro home de ben e ilustre de Compostela.
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Vacaciones sobre ruedas: 'Probei os cruceiros, a 'pulserita' en Punta Cana... pero como a liberdade da autocaravana non hai nada
- La pesca fluvial en Galicia arranca con 48.500 licencias en vigor y un ligero aumento de pescadores
- Una treintena de estudiantes de tres centros educativos de Santiago compitieron en la XLIII Olimpiada Gallega de Química
- Crónica social compostelana | Cocido de los alumnos de la escuela de La Inmaculada de los cursos 1959-1965
- Muere Constantino Martínez Schnackig, patrono de la Fundación Araguaney, a los 66 años
