Opinión | Olladas ao país
A farsa do intervencionismo no Irán
Que ninguén se engane. O réxime de Teherán é unha teocracia liberticida, contra os dereitos das mulleres e dos demais seres humanos. Unha afronta á dignidade humana que merece a repulsa de calquera persoa democrata. Dende hai trinta e moitos anos cando escoito sobre Irán sempre lembro a fatwa de Siniestro Total ... Ayatollah, no me toques la pirola.
Mais-e velaiquí o que que tanto incomoda aos falcóns do intervencionismo- as violacións dos dereitos fundamentais dos cidadáns non outorgan un dereito de invasión ou bombardeo a terceiros Estados. A democracia non se exporta a medio de agresións armadas. A historia recente ensínanos que estas intervencións non buscan a liberación do pobo, senón o control de recursos e o mantemento de hexemonías rexionais. Nin o bombardeo destes días vai traer o sufraxio libre a Teherán, nin a desestabilización da rexión axudará ás mulleres que, teimuda e afoutadamente, loitan contra a teocracia iraniana nas rúas.
O eixo formado por Israel e Estados Unidos pretende resolver por vía do mísil o que o Dereito Internacional leva décadas tentando ordenar mediante a norma. E cómpre dicilo claro: o que hoxe acontece non é unha cruzada pola liberdade, senón unha demolición controlada da legalidade internacional que ameaza con deixarnos a todos á intemperie. Porque, dende a perspectiva do Dereito Internacional Público, os ataques contra territorio iraniano carecen de base legal sólida. A Carta das Nacións Unidas é taxativa: a soberanía nacional e a integridade territorial son principios inderrogábeis. A «lexítima defensa» non pode ser un cheque en branco nin unha escusa para o expansionismo rexional. Israel, co apoio loxístico e político de Washington, ignora sistematicamente os principios de proporcionalidade e de necesidade. Bombardear obxectivos en Irán non é un acto de xustiza; é un acto de agresión que nos devolve a un estado de natureza pre-1945, onde o «grande garrote» do presidente monroviano Theodore Roosevelt ou as agresións hitlerianas, mussolinianas ou stalinianas primaban, dende 1938 en diante, sobre a razón xurídica.
Pero se a violación do Dereito Internacional é tan n grave, non o é menos a erosión do Dereito interno dos EUA, terra das persoas libres e fogar das persoas valentes, segundo cantan no seu himno nacional. A súa Constitución (Artigo I, Sección 8), outorga en exclusiva ao Congreso a facultade de «declarar a guerra». Asistimos a unha perigosa deriva onde o Executivo -a Casa Branca- usurpa estas funcións baixo fórmulas de «asistencia técnica» ou «represalias limitadas». É unha fraude constitucional que permite ao Presidente involucrar ao pobo americano nun conflito de resultas imprevísibeis (despois heilles dicir algo ao respecto) sen o debate nin o control parlamentario que esixe a súa propia Lei Fundamental. A War Powers Resolution de 1973 semella hoxe papel mollado diante da voracidade do complexo industrial-militar xudeu-norteamericano.
Un último apuntamento. Ven de me chegar dun diplomático da Unión Europea nado nos países bálticos. Vou citalo consonte co seu teor literal, dende a miña tradución do inglés. “Alguén en Washington decatouse que Irán é unha ditadura teocrática onde hai centos, senón milleiros de clérigos dispostos a substituír aos que morreron, morren ou morrerán? Saben que as Forzas Armadas están arestora dirixidas por unha fanática Garda Revolucionaria de non moi doada, mais si moi eficaz conexión co conxunto das Forzas Armadas e de Seguridade iranianas? Saben dos non tan curtos recursos para sobrevivir deste malfadado Irán?”
O Dereito é a única barreira que nos separa da barbarie. Se permitimos que se derrube no Oriente Medio e se seguimos consentir nunha UE e, en xeral, nunha Europa morna e seguidista, non tardaremos en ver as fendas no noso propio edificio xurídico europeo.
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- Muere Antón Louro, figura clave del PSdeG en la llegada de Touriño al poder
