Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión | Negro sobre branco

Doutora en Economía

Mirando como especulan

Hai algúns economistas que opinan que o termo especulación non corresponde a ningún concepto económico. E así é, se nos movemos na ríxida caixa conceptual da economía liberal/neoliberal. Aí non ten cabida porque, en defendendo que todo é mercado e que a liberdade total de mercado é capaz por si mesma de eliminar roces e friccións, os termos que fan referencia limitacións/deformidades dese desenvolvemento -suposto- de mercado funcionando por si mesmo, non teñen cabida. A especulación sería, xa que logo, un fenómeno puntual e pasaxeiro, non incluso nas análises económicas. Mesmo se argumenta que é máis ben un termo ético que económico. Disentimos da base e das consecuencias de tal enfoque, porque así o demostra a historia económica de certos países que foron albo continuo da especulación, mentres outros podían conservar leis e comportamentos económicos na marxe da corrección económica dunha competencia sa. No Reino Unido foi diferente o rol da especulación na economía interior que nas colonias, e mesmo moi distinta a ordenación da vivenda en Inglaterra que en Irlanda. Ou o delito de acaparamento en época de guerra... Como modelo baseado na maxia está ben. Pero ten o enorme inconveniente de que é un modelo que non representa nen representou nunca o funcionamento da realidade económica. Non convén confundir episodios locais e efémeros de competencia coa validez dese modelo para representar universalmente ás relacións económicas no capitalismo. A demostración destas aseveracións está nas mans de economistas críticos e historiadores da economía capitalista de sona e recoñecemento mundial desde Karl Polanyi (1944) pasando polos marxistas europeos e estadounidenses: desde Hilferding a Sweezy e Baran, pasando por Alfred Chandler jr ( “La mano visible”, traducida ao español en 1987) e acabando polos estudos da CEPAL e de tantos outros economistas das ex-colonias de Europa. O acaparamento e especulación seguindo unha senda temporal moi, moi curta comezou co asasinato de 160 nenas nun colexio do sul de Irán cun mísil USA. Foi o primeiro sinal da invasión de Irán por parte de israelitas e ianquis. A continuación asasinan a plana maior do goberno irariano, tamén nunha misión de guerra non declarada, mais con carácter de exemplar aniquilación, e antes de 72 horas, nas gasolineiras deste país -os esteparios volven nomearnos como ‘o noroeste’- custan os combustíbeis 50 céntimos de euro máis por litro. Maxia. Milagre. Velocidade de reacción supersónica. Estamos en boas mans. Aquí, por falta de xestión anticipativa, que non quede. E resulta que o proceso, visto con ollos incrédulos nesa capacidade de auto--regulamentación do denominado mercado, non da nada de si. Empezou cos prezos dos combustíbeis para transporte e han seguir os de todas as mercadorías que son transportadas, e as outras por contaxio, tamén. O sector de distribución ao consumidor de combustíbeis está en mans de finalistas (autónomos, pequenas empresas ou empregados de multinacionais), que a súa vez dependen dos prezos de subministro dos seus provedores, que poden pór prezo, mesmo a mercadorías almacenadas, e a súa vez dependen das grandes empresas de refino e explotación do petróleo. Se a cadea de especulación comeza nas empresas petroleiras en competencia monopolística mundial, é suficiente un rumor, creando ansia de abastecemento barato, dando comezo, cunha soa acción especuladora, a unha suba de prezos con ganancia extraordinaria, imparábel. Salvo que se decida o goberno a intervir o mercado. Porque a solución de baixar impostos é a favor de maior especulación /acaparamento. E, por riba, pagamos con cartos fiscais a especulación duns poucos.

Tracking Pixel Contents