Opinión | Res Pública
Mondigo como exemplo
Entre as múltiples ideas que xurdiron nas reunións do grupo de expertos económicos que creou a Xunta para afrontar os desafíos do COVID-19 apareceu a necesidade dun mellor aproveitamento dos recursos naturais propios de Galicia. Nós non temos petróleo, pero si vento e auga. Por que non beneficiarse máis delo, como o fan noruegueses ou saudís co seu petróleo?
Afortunadamente, esas reflexións foron collendo forma e remataron na creación a finais de 2023 dunha sociedade mixta público-privada que recibiu o nome de Recursos de Galicia. Ao meu xuízo, unha das mellores iniciativas dos últimos tempos en Galicia. E ese convencemento fai que siga colaborando activamente no proxecto.
O parque eólico de Mondigo é un bo exemplo dos seus efectos positivos. Primeiro, descontos directos na factura da luz para a veciñanza dos parques, de xeito que quen convive con estas instalacións percibe un retorno concreto e inmediato. Segundo, as PEMES galegas van ter acceso a contratos de enerxía eléctrica a longo prazo coas vantaxes que ata agora parecían reservadas ás grandes compañías, facilitando o acceso a enerxía a prezos competitivos e estables. Terceiro, apertura da propiedade dos parques á participación directa dos concellos e, a máis longo prazo, a todos os galegos que de xeito particular queiran investir e aproveitar a oportunidade. Cuarto, un terzo dos dividendos que xere a sociedade irán nutrir as arcas da Xunta e, con elo, axudarán a financiar os servizos públicos de todos os galegos.
O que toca agora e avanzar e integrar máis parques entre os activos da sociedade, estean xa construídos ou sexan de nova creación. Con paciencia e sendo teimudos; e coa ilusión de que xa non son outros os que tiran o principal partido do noso.
- El alcalde de Ames califica de excepcional la escasez de agua y pide tapar provisionalmente la fuga en la presa de A Ponte Maceira
- La terraza a una hora de Santiago donde comer en un molino de 1754 casi sobre el río: con Solete Repsol y junto a una cascada
- Padrón desinfectará en profundidad las calles del casco urbano
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Prisión para 23 de los 26 detenidos en la operación en la que se decomisaron 1.600 kilos de cocaína en Muxía
- De Arzúa a Ames, los concellos del cinturón compostelano viven una tarde irrepetible
- El eclipse en Santiago, una sinfonía en clave de sol
- El barrio de Sar en Santiago se prepara para sus fiestas grandes: 'Aquí coñecémonos practicamente todos, somos como unha gran familia
