Opinión | Res Pública
Absentismo
A reunión anual do Foro Económico de Galicia en Muxía deu para moito. Falamos de financiamento autonómico, de xeoestratexia, de minaría, de incendios rurais, e da conxuntura económica internacional, nacional e galega. Tamén do absentismo laboral, en paralelo coa polémica xurdida esta mesma semana en Galicia. Os datos son moi rechamantes. Na última década, o absentismo medrou de xeito extraordinario en España; cunha especial intensidade entre nós, ata convertermos nunha das rexións europeas cunha porcentaxe de xornadas perdidas por absentismo máis elevadas.
Non estamos ante un problema simple nin ante un fenómeno que admita lecturas superficiais. As súas causas son múltiples e, ademais, a súa abordaxe esixe moita cautela, porque toca dereitos laborais moi valiosos que cómpre preservar. Porén, existe un consenso amplo en que o problema debe ser afrontado. En España e, desde logo, tamén en Galicia.
A cuestión importante é como facelo. E aquí hai, cando menos, dúas pistas claras. A primeira é insistir en o que hai que afrontar é a parte do absentismo socialmente inadmisible: a que se produce porque hai persoas que sofren accidentes laborais evitables ou acaban queimadas nos seus postos de traballo; a que se agrava porque o sistema sanitario tarda en ofrecer respostas eficaces; a que se prolonga por un sistema de xestión e seguimento claramente mellorable; ou, tamén, a que deriva de abusos. Ese é o absentismo que hai que atallar.
A segunda idea é que o diálogo social é a ferramenta principal para facelo. Sindicatos, empresarios e Xunta de Galicia deben sentar, falar e traballar conxuntamente para concretar un paquete de propostas asumible por todos e que nos permita situar o absentismo galego na media española, cando menos. Unha media que tamén habería que reducir. Pero ese xa é outro plano: o das responsabilidades do Goberno central e dos axentes sociais no conxunto do Estado.
- Muere Manuel Peleteiro Ramos, hijo de los fundadores del Colegio Peleteiro de Santiago
- Hallan en el convento pontevedrés de Santa Clara un cerebro saponificado, restos de niños y el cadáver de un capellán
- El primer bar vikingo de Santiago abre con un barco a tamaño real como barra: 'Va a ser algo nuevo en la ciudad
- Fuentes próximas al Papa confirman que se está trabajando en su visita a Santiago: barajan dos fechas
- El vertido de purín de Tordoia afecta ya a tres ríos y la Xunta despliega barreras para evitar que llegue al Tambre
- Una serie con sello compostelano sobre la Armada Española rodada en Galicia: así es la nueva apuesta para el 'prime time' de Telecinco
- Hacer pandilla en O Milladoiro después de los 60: «Xa me din as fillas que saio máis ca elas»
- De Negreira a Coristanco: cuatro panaderos del área de Santiago y la Costa da Morte se cuelan entre los mejores de España y uno conquista el bronce
