Opinión | Negro sobre branco
Lealdade
O pasado día 10 celebrouse en Fonseca o acto solemne da toma de posesión da Reitora da USC, Dra. Rosa Cruxeiras. Tanto o discurso de despedida do Dr. López Díaz como o de presentación da Dra. Cruxeiras bordaron con brillantez o acto académico que nesta ocasión ha ser un, en seis anos. A modo de peche do acto falou de maneira improvisada -a forma, ton e contido así o corroboran- o presidente da Xunta, Sr. Rueda. A componente universitaria dos presentes, en dito acto, ficou ben sorprendida, afeitos a que a máxima autoridade autonómica, en actos desta natureza, se conduza da forma adecuada. O presidente da Xunta repetiu no breve número de minutos que falou sete veces a palabra lealdade. E seguramente é interesante analisar o transfundo e significación do tal lema. O primeiro pensamento en busca do significado de lealdade, en tal contexto, sería o da lealdade institucional, mais dito unha vez para se referir ao labor conxunto das accións de política universitaria xa era sobrado. E, visto que o termo foi utilizado sen adxectivar, deberemos atopar o seu significado noutro campo. A maiores, a lealdade institucional só ten sentido no campo da reciprocidade e este aspecto non foi citado nen sequer para se oferecer en accións futuras. Desbotemos a lealdade institucional. Outro campo de uso da lealdade sitúase no da lealdade/fidelidade dos consumidores a unha marca, a un produto, a un servizo ou a un ídolo de mercado que, como a cantante famosa, agora facturan. Nese ámbito, lograr a fidelización do consumidor é un labor encomendado a un montón de especialistas que logrando o seu obxectivo tamén amolan/xiringan aos consumidores na medida na que os prezos dos produtos trasladan os custos do marketing. O logro de éxitos grazas a esta fidelización é realmente unha demostración de eficiencia na xestión.
Desbotado que a lealdade sexa de tipo feudal, ou a un soberano no Antigo Rexime, ou a un señor ou mesmo a unha autoridade relixiosa, quédanos un campo de exploración un pouco máis complexo que faga posíbel caracterizar o tal conceito, nos tempos actuais. Se nos referimos exclusivamente á lealdade a un dirixente político en exercicio do seu cargo, pode ser un vicio. A complexidade das relacións sociais (Universidade/ Xunta) que forman a armazón dunha organización política democrática, e no noso caso dunha organización universitaria, non ten campo que poida ser debitario da lealdade persoal. A institucional dáse por existente -por definición- e, se estiver en dúbida, reclámese polas vías institucionais coñecidas e sobradamente utilizadas. Non atopamos que poida ser demandada a lealdade unilateral e asimétrica da Universidade cara ao presidente da Xunta, sen ter reciprocidade ou ser biunívoca. Non obstante, na análise do posíbel significado de «lealdade» atopamos un campo de virtude que facilita o labor dun dirixente político sempre no caso suposto de que as relacións sociais existentes teñan esa estrutura. Imaxinemos que na familia, no círculo amical, no grupo de influencia e control político, atopamos condutas que proceden dunha submisión forte, sen lugar -por inadmisión- dunha só voz crítica: a lealdade funciona como amálgama en ausencia de intereses comúns tanto político-ideolóxicos como de desenvolvemento social. Á inversa, diríamos que a lealdade persoal é a única esixencia capaz de garantir a pervivencia do dirixente e do seu grupo en perpetuación. Non é preciso que o «cabeza» teña conduta admirada, sexa recoñecido ou logre afecto dos administrados; a rede existente de elementos institucionais e informais de control centralizado garante o funcionamento ben fluído no que a «lealdade» substitúe a democracia.
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Pierde la vida un trabajador en Negreira tras sufrir una caída en una obra
- La Xunta exige al Estado garantías 'por escrito' para que Galicia no pague 'una factura millonaria' por la AP-9
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas
