Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión | TRIBUNA

Economista

Estatuto de Capitalidade: o menos importante

O Parlamento de Galicia na sesión do 11 de xuño de 2002 aprobaba a Lei do Estatuto da Capitalidade da cidade de Santiago de Compostela. Na exposición de motivos da mesma, ademais do recoñecemento da súa singularidade como capital de Galicia e sede das súas institucións autonómicas, destacábase o establecemento dun mecanismo específico de colaboración e cooperación para abordar todos aqueles asuntos de interese común entre ambas as dúas Administracións: a municipal e a autonómica. Entre os que se definían, sinalábanse a conservación e rehabilitación do patrimonio histórico-monumental da cidade, o transporte público da área de Santiago, territorio e urbanismo, turismo, entre outras.

Ao tempo, creábase un Consello de Capitalidade, ao máis alto nivel, como órgano colexiado de coordinación entre os gobernos de ditas Administracións, que «se reunirá, cando menos, unha vez por ano e, en todo caso, antes da aprobación pola Xunta de Galicia do Proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma» (art. 18, punto 3).

O flagrante incumprimento desta Lei, aprobada por unanimidade na Cámara representativa da vontade democrática galega, resulta incomprensible por canto se vén eludindo o que verdadeiramente importa á cidadanía compostelá, os temas máis relevantes que afectan á súa vida cotiá, como os que antes citamos, para centrarse nunha cuestión con pouca transcendencia económica xa que o presuposto municipal ascende a case 150 millóns de euros, aínda que reflicte a escasa ou nula atención que se presta á necesaria concertación das políticas públicas no ámbito territorial de Santiago e a concreción dos investimentos necesarios para desenvolvelas.

Resulta pois urxente que dende os gobernos de ambas Administracións recuperen o diálogo institucional, acorden definir a axenda de temas a tratar que se contemplan no Estatuto e convoquen o Consello de Capitalidade, normalizando o seu funcionamento de acordo coa Lei.

Centrar o debate no estudo e valoración dos custos que supón para a cidade a súa condición de capital de Galicia, é minusvalorar a significación e contidos do propio Estatuto, especialmente cando no apartado do financiamento da capitalidade, o artigo 28 do texto ao que nos referimos, establece que «a cidade de Santiago terá un apartado específico nos orzamentos da Comunidade Autónoma» que tería que recoller os investimentos en infraestruturas, equipamentos e servizos que a cidade precisa e que teñen que derivarse dos acordos alcanzados no marco do Consello da Capitalidade.

En derradeiro termo, faise necesario que o Pleno da Corporación municipal sexa capaz, do xeito máis amplo posible, de reconducir este importante asunto. Non se trata

Tracking Pixel Contents