Opinión | Negro sobre branco
Un caso de transporte público
Estes días, con motivo das obras na nova estación de tren da Coruña, quedaron en suspenso as viaxes por ferrocarril entre Santiago e A Coruña. Coñecendo esa circunstancia fun directamente á estación de autobuses da cidade herculina. E constatei o que se denomina economía de guerra aplicada a un servizo público. No patio principal de acceso do público á estación non hai billeteira de Monbús. Ergo, non hai información directa da compañía. Veste na necesidade de te dirixir a un mostrador que se denomina así de Información (xeral) e aí indican que “hai unha chica (sic) nas plataformas de chegada dos buses que vende os billetes e informa”. Pregunto a un usuario, xa nas plataformas, e di que hai un servizo -non directo- A Coruña-Santiago. A citada “chica” non se manifestou e a unha hora aproximada á indicada, chega un autobús que para xusto na plataforma máis próxima a min. E, oh! sorpresa, canda min tíñase xuntado en fila unha serie de persoas que ían, suponse, nese autobús na ruta A Coruña-Santiago. A venda do billete faina o mesmo condutor do autobús que, como xa é tradición desde hai algúns anos, fai todo: conduce, cobra, abre os portóns das maletas se é necesario, e contesta normalmente en ton que indica fastío xeneralizado pola vida de traballador de Monbús. Ao observar a fila de solicitantes de viaxe a Santiago, pensei: iso chámase autoorganización popular. En ausencia de organización empresarial ou pública, os demandantes de servizos xa se organizan. Ollo! que non cunda o exemplo!, a ver se a próxima iniciativa vaia traballar nas filas do Sergas. Hai que ter moito coidado con isto das decisións dos usuarios porque noutra ocasión podería ser que en ausencia de servizo coller un bus baleiro e levalo pola ruta desexada.
A estación de autobuses da Coruña serve para rodar unha película de terror urbano: Hai dúas billeteiras de dúas compañías distintas de Monbús que non deben gozar dos mesmos “privilexios” que a citada e teñen información e venda ao público de billetes. Ignoramos o tempo de atención pero aí estaban. Hai unha outra ventá de información xeral, uns aseos que prudentemente non visitamos, e unha escaleira mecánica de baixada que si funciona. Embaixo, nas plataformas, unhas máquinas expendedoras de bebidas e de bocadillo de chourizo (única especialidade) e... para de contar. A falta de coidado, de limpeza e doutros servizos complementarios nunha estación tan concorrida e de paso diario é tan deplorábel que só pensando na inexistencia dalgunha parte do cerebro director dos servizos de transporte público na cidade podería ser xustificado.
Mais, e aquí debe de estar a explicación, quen son maioritariamente os usuarios dos autobuses que fan servizos desde a estación de Autobuses da Coruña? Pois é probábel que maioritariamente moi poucos coruñeses de voto municipal coruñés. As persoas que viaxan en tren, residentes na Coruña, atópanse satisfeitas co funcionamento do tren que mellorou de forma sobresaliente nos últimos 20 anos (nada que ver con aquelas declaracións desde o Ministerio de “non hai demanda”, vaia se había). Son profesionais, estudantes universitarios, viaxeiros intercidades e algún visitante. Quedan para os autobuses as conexións comarcais/proximidades de A Coruña, que non teñen servizo de tren, mesmo Ferrol incluído. A composición do grupo de usuarios (o sector social de pertenza) tampouco parece preocupar aos que deberan responder dun transporte público proporcionado a todo o mundo en condicións dignas do século XXI, e así se consolidan privilexios dunha compañía, desleixo e mala atención.
- El pueblo gallego que reparte 20.000 raciones de callos este fin de semana: ideal para recorrer a pie, con catas gratis y cine al aire libre
- Seis policías nacionales salvan la vida a una mujer tras una brutal agresión de su pareja en una vivienda de Santiago
- La historia de cuatro profesores que llegan con plaza a las aulas gallegas: 'As ganas superan o medo
- Santiago y sus rincones secretos: ya puedes inscribirte en las visitas de la Semana del Patrimonio Invisible
- Muere a los 102 años 'la señora Trini', fundadora de Casa Mallou y un referente en Amio: «Es una noticia muy triste para el barrio»
- Galicia se enfrenta a una nueva jornada de calor extremo: la Xunta mantiene la alerta roja por temperaturas de 40 grados
- Regresa a Santiago la moda de los mercadillos de Viena con más de 800 prendas de segunda mano desde 1 euro
- MeteoGalicia alerta: caída del nivel en ocho de los diez principales ríos de la comarca en una semana
