Opinión | Negro sobre branco
Venezuela: a falta de Estado
É unha traxedia colosal. Os sismos teñen alcanzado un nível de traxedia tal que todos os comentarios e lamentacións van dirixidos no fondo a un pensamento non sempre manifestado: hai unha parte do que ocorreu que tería sido evitábel. E así mesmo unha constatación dolorosa e terríbel: Venezuela non ten Estado. O propio foi desfeito. Hai unha presidenta “encargada” e o xefe da encargada anda moi ocupado noutras invasións, mortes ou negocios, e se ocupar de Venezuela nestes momentos non é interesante, non forma parte da prioridade do Estado Federal EUA. A posibilidade da evitación de semellante desastre engade á solidariedade e ao apoio tamén a carraxe por non ter impedido, ou polo menos ter mitigado, esa traxedia. Hai acordo xeral entre os técnicos especializados na construción anti-sísmica que as normas existentes en Venezuela son moi recentes, e hai edificacións que non gardan ningún dos requisitos esixíbeis nese sentido. Hai tamén quen pensaba que nalgún sitio do mundo civilizado existe capacidade suficiente para crear alertas de sospeita de movemento sísmico: non semella que ninguén movera un dedo. Enteirámonos, case a un tempo de coñecer a nova dos sismos fortes, que o Servizo Xeolóxico de Estados Unidos emitía unha alerta vermella (a posteriori) engadindo (que simpáticos!!) que os mortos poderían ser entre 10.000 e 100.000. Como alerta xa vemos que non vale de nada: é despois do feito, e como predición de efectos, outra porcaría, xa que nese límite, con 90.000 de marxe, vale todo.
O que si quedou á vista -igual que unha vergoña ocultábel- é a ausencia de Estado. Sen Estado propio e sen presenza do tutor autodeclarado. Algo xa se albiscaba ao quedar un Estado completo, antes formalmente soberano, baixo a tutela permitida do veciño ianqui. As louvanzas de Trump sobre a idoneidade de Delcy Rodríguez (Pdta. encargada) e do seu irmán (Pdte- da Asemblea Nacional) para conducir por orde o que quedaba en pé de Venezuela, non foron acompañadas do exercicio material do labor dun tutor dun país: constátase un “alá vos amañedes”. No pensamento inxenuo e non maligno dos europeos estaba a idea de que se Venezuela goza dun status internacional novo, até agora descoñecido, é dicer: encargada, leva de seu que o xefe da encargada haberá de se ocupar daquelas tarefas que non entran no encargo, como son, por exemplo, salvamento, derrubes, mortes, e falta de todo, mesmo auga potábel. É dicer, aquí o xefe suposto acaba de demostrar ao mundo que exerce como un absoluto sátrapa con medios militares e civís só para invadir, acceder ao petróleo venezolano e logo deixar uns encargados sen medios de ningún tipo ante desastrosa traxedia. Onde andarán os medios aéreos ianquis para transporte de axuda? Onde están os medios civís de maquinaria e especialistas en rescates? Onde quedaron os medios sanitarios de emerxencia procedentes de EUA para salvar vidas? Preguntas todas retóricas, porque os ianquis teñen unha especialidade mundial consolidada: invadir moi ben, matar moi ben, destruír perfectamente, e logo, unha vez feita a limpeza da destrución creativa (mellorando a Schumpeter) comezar a reconstrución, iso si, sempre cobrando: polas armas, pola munición, polo restante equipamento, e logo cobran, a prezo de ouro, con débeda do país incluída, a reconstrución. É só cuestión de negocio. Como neste caso a práctica internacional é de axuda, froito da cooperación, non cabe moita acción despois de reducir á nada a Axencia para o desenvolvemento Internacional. Vimos a operación militar de detención/secuestro de Maduro. Veremos algo semellante para salvar vidas?
- O Gozo Festival vence al temporal de lluvia y granizo
- Santiago Pérez, el piloto gallego que cambió los aviones por el cultivo de vegetales premium en Teo y abastece a 90 restaurantes de España
- La tormenta descarga en Santiago granizo de más de un centímetro de grosor
- Sábado de tormentas y fuertes lluvias: activada la alerta naranja en toda la provincia de A Coruña
- La cafetería de Santiago recomendada por Tamar Novas y 'Lonely Planet': un rincón bohemio con 83 años de historia
- Una DANA condiciona el tiempo este fin de semana en Galicia con tormentas, chubascos y brumas costeras
- Evacuado en helicóptero tras cortarse con una desbrozadora en Teo
- «Todo vendido»: el éxito de la subasta de Playa Linda anima a construir una nueva urbanización en Palmeira
