Opinión | NEGRO SOBRE BRANCO
Árbores e fontes
Os deseñadores responsábeis das cidades procuraron contar cos elementos urbanos adecuados para facilitaren a vida dos seus habitantes. Un deses elementos foron os soportais que constituíron unha solución perfecta para poder pasear polas rúas sen aguantar a choiva, o sol pleno ou para se defender da friaxe do cru do inverno. Así é a cidade histórica e así se fixo noutras edificacións contemporáneas que utilizaron esa vantaxe. É probábel que criterios de uso intensivo do solo urbanizábel (mesmo especulativo e ‘cutre’) fixera abandonar a construción de soportais, e non obstante, son utilizados en obra pública como é o caso das construcións en Fontiñas, hospitais, pavillóns de deportes, colexios... Un outro elemento construtivo para a urbe fixo que Compostela gozase dunhas condicións de habitabilidade urbana acertada: as zonas verdes, a profusión de terra intercalada co pavimento de pedra, de formigón ou chapapote. Non son só os miles de metros cadrados existentes (dise que é unha das cidades máis verdes da Península), senón a súa situación oportuna que fai por zonas determinadas, de refresco bondadoso, ante tórridas temperaturas. Os fenómenos extremos destes últimos anos é moi probábel que sexan periódicos por unha longa tempada, polo que é moi conveniente gardar en boas condicións esas zonas verdes, outras frondosas, outras só con árbores nas rúas, e no caso de maior escaseza ou imposibilidade, plantas domésticas de refresco. É certo que para manter en condicións toda esa extensión de verde refresco é preciso un gasto de auga considerábel. E aquí xa é coñecida a preocupación do Concello para consumir auga para estes fins da forma máis eficiente posíbel. Mais poderíase chegar a un aforro superior. Mudando os horarios de rega, aplicando un método moito máis selectivo que sexa capaz de eliminar as perdas. Así mesmo, un plan que pouco a pouco vaia suprimindo as causas de destrago que existen-e son recoñecidas- nas conducións de auga potábel. Tamén sería preciso utilizar toda canta auga no inverno é sobrante, aproveitala antes de que acabe nas rías, orixinando nestes casos prexuízos innecesarios. Todas esas medidas son fontes de aforro certas.
Outro elemento de refresco que tivo en etapas históricas anteriores outro uso son as fontes de cidade ou os lagos artificiais, láminas de auga, e/ou calquera outra modalidade de presenza da auga no espazo urbano habitábel. Hai mesmo un certo consenso en que as fontes existentes, dado que deixaron de subministrar auga potábel, non precisan ter auga, nen coidados nen funcionamento suntuario. Non obstante, fontes -con auga estanca ou en movemento- constitúen un activo perfecto para refrescar ambiente alí onde se atopen. O feito de estar en funcionamento, e coidadas, non só é cuestión de boa praxe municipal, non son un adorno, non fan parte unicamente da decoración dun espazo, son necesarias para esa función de refresco e do ar circulante a calquera hora do día, nomeadamente dos días tórridos. É sabido que algunhas fontes foron eliminadas para evitar actos de pouca civilidade por parte dalgúns viandantes-proprios e estraños- que en ausencia de mellor ‘toilette’ pública vandalizaban as pequenas fontes públicas que había a cada paso. É evidente que a falta de baños públicos fai estragos nunha cidade turistizada e que a falta de educación cívica é responsábel dun abuso impresentábel. Infelizmente, no día a día, para impedir vandalismos só queda a vía represiva e para a súa eficacia é preciso máis vixilancia, máis gasto, máis persoal e maior dedicación ao mantemento destes elementos urbanos hoxe imprescindíbeis.
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Las 5 playas fluviales cerca de Santiago que se están convirtiendo en el refugio perfecto para escapar del calor
- Prisión provisional sin fianza para el detenido por el atropello mortal de Bertamiráns
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima
