Opinión | Res Pública
Conectividade
Dúas características do noso país fan que a conectividade en Galicia sexa particularmente importante. A primeira é que estamos nun dos finisterres europeos. A segunda é que temos una estrutura urbana policéntrica. A diferenza da meirande parte das rexións españolas, nós non temos unha grande capital económica e demográfica. O noso son as cidades pequenas e medianas.
Así as cousas, actuar como país pasa por pensar nunha rede de cidades ben conectadas por tren en tempos, frecuencias e horarios; estacións intermodais que acheguen á xente das vilas e pobos a eses nodos. Comparativamete, a rede de estradas e autoestradas está moito máis avanzada e queda menos por facer. Tamén supón pensar na conectividade co resto do Mundo. Aí aínda temos máis cousas pendentes.
Comezando co tren, a diferenza no ancho de vía ou os tramos de vía única son chapuzas contra as que temos que poñer pé en parede; os novos Avril non están a altura; as mercadorías e as conexións a portos e plataformas loxísticas importan moito; a conexión con Portugal abre oportunidades que non temos no noroeste penínsular español.
E cando falamos de aeroportos, é evidente que un país que non chega aos tres millóns de habitantes non pode aspirar a ter máis que un de certo nivel. Os aeroportos non son como os hospitais ou as universidades. A escala óptima é moitísimo maior. Miremos cara Sá carneiro. A solución boa era apostar polo aeroporto central de Galicia e levar alí ao seu interior a rede ferroviaria para garantir conexións directas e rápidas co resto de Galicia. Como en Suiza, ou en Dinamarca. Porén, a realidade que padecemos hoxe non semella ter solución a medio prazo... igual cara 2050 si. Namentres, o que toca é pensar nos tres aeroportos como tres terminais e coordinalas como tal. Algo semellante ao que temos que facer cos portos. Somos pequenos de máis como para poñernos a competir entre nós.
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- La maldición de las nubes en la costa de Lugo: 'Aquí tenemos el eclipse más largo porque ya empezó a las 8 de la mañana
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Los viajes de fin de etapa cambian su rumbo en Santiago: las agencias digitales impulsan el Interrail y los 'Pasos de Ecuador' para celebrar el fin de etapa
- Retenciones de hasta 6 kilómetros en Padrón
- La ruta aérea Santiago-Nueva York consolidará su presencia en Lavacolla
- La sequía golpea a las granjas gallegas: «El maíz necesita agua y solo recibe sol y calor»
