Opinión | NEGRO SOBRE BRANCO
Un relato curto de IA
Non sei nada ao xeito sobre IA. O que vou relatar é un conto de ciencia real. Só sei que hai diferentes programas de IA, e que hai un señor dono dunha empresa de IA que se chama Peter Thiel con interese en se instalar na Patagonia despois de ter acordado con Milei una garantía de non regulamentación nunha volta máis nun desenvolvemento tecnolóxico completamente libre de normas. Ultraliberalismo e tecnoloxía en intelixencia artificial sen ética.
O meu relato comeza co partido do mundial último pasado que, como todo o mundo sabe e parte do estranxeiro, gañou a selección española. Eu non seguía o xogo pero estaba nun lugar con retransmisión en pantalla o suficientemente grande para que de vez en cando botaras un ollo. Vin unha e outra vez ao longo de moitos minutos como parecía un xogo entre dúas equipas intentando, con todas as forzas, que non houbera goles. Ben, mellor dito, un intentaba con todas as forzas meter balón en portaría arxentina, mais o porteiro paraba todo, e outros intentaban só empatar fiando na prórroga e en Messi. Se isto o vin eu que son a última persoa deste mundo que pode falar de fútbol, que non terá feito a IA de turno para analizar, predecir, prognosticar ou orientar. E aquí comeza o relato: un amigo meu presente, no minuto 80, pregunta a un programa de IA: cando vai marcar España? A boa da IA «pensa» (é dicer, procesa) e despois duns segundos di: España marcará no minuto 94. Como é entendíbel a partir desa predición todos estivemos pendentes, uns por escépticos, otros totalmente incrédulos e outros esperanzados. E si, despois de tantos intentos, no minuto 95 España marca. Non lembro e non vou documentar se ese gol foi ou non dos anulados. O caso é o acertado da aproximación. Vólvese repetir a pregunta e volve a IA decir: no minuto 104 outro gol. E tal cal. O gol que deu o gaño final e que acabou coa observada estratexia arxentina de esperar aos penalties. Hai outro aspecto que pode facer pensar noutra variábel. O mercado das apostas ten non só vida propria senón tamén vida orientábel, vida manipulábel e xogadas mestras de negocio financeiro. E na final de fútbol movéronse nos mercados de apostas e predicións máis de 50.000 millóns de dólares. Hai varias empresas de tamaño mundial que se posicionan no mercado como fonte de beneficios en crecemento. Mesmo a española Cirsa, dona de Sportium, entrou a cotizar en Bolsa o ano pasado. Só tivo uns beneficios o ano pasado de 73 millóns que esperan duplicar (154 millóns de euros) este ano. O só feito de que una empresa que «produce» ocio, apostas en liña, xestión de casinos e centros presenciais de apostas e que obteña eses beneficios case é un insulto insoportábel para quen con moito traballo, organización, aforros varios convertidos en capital e incertidumes proprias dos sectores produtivos, compare o que custa gañar un só millón de euros nun ano, por exemplo, fabricando alimentos e ver que gobernando as apostas - o fume convertido en diñeiro dos máis pobres da terra- se pode chegar a esas cifras. É cando menos uhna moi mala foto da nosa época.
A IA correspóndese, como innovación tecnolóxica, á época de desenvolvemento do capital financeiro que vivimos e é totalmente adecuada para contribuír de forma especialmente funcional ao desenvolvemento/crecemento do capital financeiro. É xusto o instrumento que precisa ese segmento de capital que hoxe é dominante. Confiemos en ter instrumentos de regulamentación política e legal adecuados para impedir que á parte de orientar apostas e gaños nun mundial oriente otras facetas da vida que son iso: vitais.
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Bamio despide mañana a la concejala Ana Castro, fallecida en Padrón a los 50 años
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- National Geographic elige un rincón a una hora de Santiago como una de las siete maravillas naturales para visitar en agosto
