Viernes 18.10.2019 Actualizado 18:56
Google    

El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Cuadro de honor

cuadro de honor

Exhaustiva análise sobre os apelidos máis frecuentes en Galicia

16.01.2019 
A- A+

IMPORTANTE ACHEGA. Baixo o título Antroponimia e lexicografía, o Consello da Cultura Galega (CCG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG) presentaban onte un exhaustivo e curioso traballo sobre os apelidos máis comúns en Galicia e aqueles outros que están en perigo de extinción. Coordinado pola profesora Ana Isabel Boullón, editora do texto deste volume, o resultado xa se pode descargar desde o web do CCG. Un traballo que, como ela mesma indicaba onte na presentación, reúne investigacións levadas a cabo por algúns dos mellores especialistas nos seus ámbitos e procura avanzar no coñecemento científico dos apelidos en xeral, pero con especial atención aos galegos. Entre as conclusións, que Rodríguez é o apelido máis común na nosa comunidade, cun total de 237.000 usuarios, ou que en Galicia non hai ningunha forma nova desde 1870.