Domingo 20.10.2019 Actualizado 19:27
Google    

El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Cuadro de honor

cuadro de honor

Magnífico estudo que advirte do deterioro do medio ambiente

27.06.2019 
A- A+

Esperamos que non caian en saco roto as advertencias sobre o cambio climático e as recomendacións para tentar, na medida do posible, palialo. Por iso é polo que hai que agradecer a científicos como Francisco Díaz-Fierros o magnífico traballo que coordinou e que acaba de editar o Consello da Cultura Galega, un análise froito dunhas xornadas celebradas o pasado ano nesa institución. "Podemos manter todo isto así? claramente non", aseverou o catedrático de Edafoloxía da Universidade de Santiago de Compostela na presentación de O Antropoceno e a "Grande Aceleración". Toda unha declaración sobre a necesidade de cambiar a nosa forma de vida, os nosos hábitos, o noso consumo e a nosa sociedade se o que se pretende é preservar o planeta para o futuro.