Jueves 17.10.2019 Actualizado 09:49
Google    

El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Cuadro de honor

cuadro de honor

Neira, un escritor do século XXI que aposta pola cultura tradicional

20.09.2019 
A- A+

PREMIO XORNALÍSTICO. Cando o xurado do XXIV Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela elixiu por unanimidade os seus artigos para otorgalle o galardón, basaba o seu fallo na "unidade temática e a súa frescura, así como a particular visión que ofrece de aspectos pouco coñecidos de escritores como Vicente Risco, Emilia Pardo Bazán, Wenceslao Fernández Flórez e Rosalía de Castro". E é que, Henrique Neira (Caracas 1973) soubo unir, segundo as súas propias verbas, "dun xeito orixinal" a literatura coa tecnoloxía, a través das figuras destes recoñecidos literatos. Non en vano este escritor e tan experto no uso das tecnoloxías punteiras como nas tradicións da terra que lle veu medrar, sobre todo a da súa comarca do Ulla. Hoxe a tardiña recibe un premio ben merecido.