El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Cuadro de honor

Poesía contra a resignación

28.11.2013 
A- A+

INDÓCIL. Non hai resignación nin pranto oco no novo libro de Xesús Rábade Paredes, Sobre ruínas (Alvarellos Editora, 2013), que hoxe presenta o seu autor no Paraninfo da Universidade de Santiago. O poeta observa a súa contorna e decátase de que alguén converteu en ruína todo o que outrora puido ser. E sobre esas ruínas, apelando á memoria compartida da patria, constrúe. Eses versos seus son unha expresión fera, non melancólica, contra a desmemoria. Versos fortes, indómitos e necesarios para paliaren este hoxe de renuncias e derrotas.