El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Cuadro de honor

LÍNEA EDITORIAL

Pola defensa da liberdade de expresión

14.01.2009 
A- A+

É historiador, escritor e columnista, pero ante todo é un home libre que propugna e defende a liberdade de expresión. Esta enorme calidade do seu carácter é o que lle outorgou a Marcos Valcárcel o Premio P.E.N. 2009, que outorga o PEN Clube Galego, que preside Luís González Tosar. Os que coñecen, len e seguen a Valcárcel, hogano columnista diario da última páxina do diario Galicia Hoxe, saben en que se baseou o xurado para renderlle tributo e homenaxe a este escritor. Marcos Valcárcel, ademais de manter un compromiso constante coas letras galegas, tanto na súa difusión e proxección, fai unha sensata, e indiscutible defensa da liberdade de expresión no seu blog As uvas na solaina. Sen dúbida nin- gunha, Valcárcel como blogueiro e González Tosar como presidente do xurado, souberon darlle á liberdade de expresión a dimensión real da súa repercusión na democracia actual e a sólida base inicial que supuxo este dereito hai pouco máis dun século. Hoxe en día é algo consolidado, pero que nunca hai que deixar de coidar e de aloumiñar. Valcárcel, sen dúbida, merece este P.E.N. 2009.