El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Cuadro de honor

{ cadro de honor }

Reivindicativa e comprometida coa cultura do país

08.11.2018 
A- A+

GRAN ACERTO. O que tivo a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, ao impulsar a organización da mostra Alba de Gloria. Unha experiencia, centrada no último gran discurso de Castelao, realizado no teatro Argentino o 25 de xullo do 1948, e ao que agora podemos achegarnos dunha forma innovadora e vangardista grazas a esta exposición, que permanecerá aberta ao público ata o 3 de febreiro próximo en San Domingos de Bonaval. Unha magnífica oportunidade, sen dúbida, para percibir "a emoción da colectividade que asistiu a aquel discurso", tal e como lembrou onte o comisario da mostra, Manuel Gago, nun acto no que a Rosario Álvarez reivindicativa apostou por contar cun Panteón de Galicia coas grandes figuras da nosa cultura.