Jueves 17.10.2019 Actualizado 09:31
Google    

El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Cuadro de honor

cuadro de honor

O teimudo profesor que abriu camiño ao galego nas aulas predicou coa lingua

17.09.2019 
A- A+

LEAL CO PAÍS. Vén de recibir o profesor emérito Xosé Antón Gómez Segade o II Premio Luís Porteiro Garea, que outorga a Universidade compostelá, en recoñecemento ao seu labor a prol do galego nas aulas. Teimudo co seu amor ao noso idioma, e tamén ao país, Gómez Segade nunca dobregou ante imposicións nin formalismos que ainda hoxe pretenden acantoar o galego só a determinados eidos. Catedrático de Dereito Mercantil dende 1981 na USC, foi el un dos pioneiros no uso da lingua galega nas aulas, incluso en tempos -como ben recorda o xurado do premio- no que esta opción era considerada máis ben un demérito. Gómez Segade cre que o galego pode aboiar, pero non afogar, ante as tempestades e a perda de falantes. Por eso o seu exemplo é tan grande. O galego somos nós.