El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Cuadro de honor

Un rexistro activo da nosa identidade

28.10.2011 
A- A+

David Rodríguez

LINGUA. É o que se chama un work in progress, unha obra aínda non rematada e sempre aberta que sistematiza os chamados ditados tópicos, os alcumes, xentilicios, refráns e brincadeiras cos que identificamos os habitantes da diferentes localidades, galegas neste caso. Cun fondo de fichas, que forma parte do legado da Fundación Camilo José Cela, o Instituto da Lingua Galega impulsou unha busca científica –da que deu conta onte o investigador da USC David Rodríguez–, que recolle todas esas expresións e que é ademais un rexistro activo da nosa identidade, un xeito de comprender mellor as nosas orixes e unha oportunidade única para recoñérmonos.