Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
{ pan e coitelo }

A asociación Altair

    O GOBERNO galego pasa os buldócer sobre os asentamentos da lingua galega coa mesma paixón que inviste o Estado de Israel no esmagamento das vivendas palestinas. Pero as respostas, cómpre dicilo, carecen do imprescindíbel, que é a enerxía, a ilusión e a proxección do soño, que case non existe.

    Ver a Real Academia Galega e algunhas mulleres debatendo a estas alturas sobre a necesidade de incorporar fémeas ás cadeiras da institución, onde case non hai ningunha, provoca un riso frouxo que no ze pué aguantá. Se dan un pasiño máis para atrás acaban discutindo se zocas ou zapatos, se setas ou rolex. Era o único que lles faltaba. Qué tropa, joder, qué tropa!, dicen que dijo el conde de Romanones.

    Unha rutina soporífera e mortuoria está instalada nos discursos sobre a lingua galega. É asombroso que desde o minifundismo asociativo ninguén dixese aínda unha soa palabra (en forma de estratexia, claro) sobre a emerxencia do Brasil, que debería converterse nun referente práctico para o galego. Brasil será pronto unha das grandes potencias económicas mundiais.

    O outro día naceu en Santiago Altair (altairweb.org), unha asociación educativa de cooperación para o desenvolvemento, formada por persoas con longa experiencia e excelente nivel. Neste mes de xullo e sen subsidio público ningún, comezarán a formación de futuros educadores, rapaces caboverdianos e galegos. Intúo que a obra non se restrinxe a países de lingua galego-portuguesa, que Altair (estrela integrante da constelación da aguia) ten arelas de irmandade universal, pero tamén sei que non é casualidade que un país de fala galega sexa o que empresta a rella do arado para facer as marcas da fundación.

    www.sarille.eu

    05 jul 2011 / 00:53
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito