Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Bailarín e coreógrafo que pon a danza a prol da arte inclusiva

profesional. De bailar acompañando ásTanxugueiras no festival de Benidorm a fomar parte dun proxecto de danza sobre arte inclusiva. Nada detén a este coreógrafo e bailarín barbanzán, Fran Sieira, que se iniciou aos 8 anos e con 27 xa creou o seu propio proxecto profesional, unha compañía de danza. Fran Sieiro forma parte do elenco de artistas que dirixirán as pezas plásticas e escénicas do festival de arte inclusiva e patrimonio costeiro Mar Diverso, que se celebrará do 26 ó 31 de xullo na contorna da ría de Arousa, organizado pola asociación de persoas con diversidade funcional Ambar. O bailarín traballa na actualidade co grupo de artes escénicas de dito colectivo, e conta que a peza escénica que preparan “fala de mar, de brisa, de praia, de traballo e de lecer. Todos eses sentimentos que para min, neste caso, me esperta a nosa costa galega, que é marabillosa”.

16 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito