Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Corenta actividades para conmemorar a figura de Pardo Bazán

galicia non quere deixar pasar a oportunidade de render a homenaxe que se merece Emilia Pardo Bazán no centenario do seu falecemento, ocorrido en Madrid en 1921. A Xunta, a Biblioteca Nacional de España, a Real Academia Galega ou o Concello da Coruña son só algunhas da trintena de institucións españolas, galegas ou estadounidenses sen as que non sería posible celebrar os 40 actos da efeméride. Así, unha das contribucións máis importantes será a da RAG, que segundo anunciou onte o seu presidente en funcións, Henrique Monteagudo, organizará un congreso internacional e prestará 71 das pezas que forman o seu fondo sobre a escritora, xornalista, ensaísta, crítica, catedrática e feminista coruñesa, un paradigma para as mulleres da súa xeración e, por suposto, das vindeiras, ás que deixou un riquísimo legado. Todo un luxo.

21 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito