Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Invitación á reflexión sobre as respostas ante a pandemia

comprometida Xeralizar non é bo, e isto ben a conto de que nas últimas semanas son varias as voces que cargan contra os comportamentos dos xoves ante a pandemia. É certo que hai quen non respecta as normas –de todas as idades–pero non se pode meter a toda a xuventude no mesmo saco. Érica Domínguez, unha moza dumbriesa de 19 anos, non só actúa de xeito responsable, senón que durante o confinamento quixo ir máis aló e escribiu un libro: Reflexións confinadas, que vén de ver a luz e no que convida aos seus lectores, e á sociedade en xeral, a reflexionar sobre a crise sanitaria e as respostas ante a mesma. Ela plasmou no papel os seus pensamentos, e espera que sirvan para que todos nos fagamos a pregunta de, se despois do visto e vivido, aprendemos algo desta crise sanitaria ou se volveremos a cometer os mesmos erros. O futuro dirá.

31 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito