Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Irene Grau, a arte de transmitir con extrema sensibilidade e valor

Coherencia E SENSIBILIDADE á hora de traballar cos materiais empregados, cos espazos e con unha temática natural continua é o que fai Irene Grau, que ademais acaba de ser galardoada no XVII certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas da Deputación da Coruña coa súa obra Sobre lo que resta / 162114-W-2co. Esta é unha creación realizada cas cinzas dos incendios galegos de 2017 amosa a mestría crítica, de pensamento e concepto co que a artista leva ao lenzo, a paixase triste do contexto galego natural daquel momento. Irene Grau conta cunha senlleira traxectoria ás súas costas, mostrando na súa obra e concepto, a coherencia e a sensibilidade de traballar o pictórico a partir dunha ampla e singular observación da realidade. Os seus mecanismos de creación, permiten trascender a simplicidade e regalar ao espectador unha fermosa viaxe.

14 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito