Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Máis dunha década axudando a espallar a cultura do traxe galego

aínda que as restricións impostas pola pandemia vaian impedir o tradicional desfile, hoxe celebrarase igualmente o Día do Traxe Galego en Compostela. A presidenta da Asociación Traxe Galego, Pilar Astray, ostenta o cargo desde hai cinco anos, pero leva máis dunha década na entidade axudando a espallar a cultura, que non deixa de ser o que conforma a nosa identidade como pobo. Tamén o fai cos máis novos a través das clases e obradoiros organizados pola asociación, que logran transmitir esa sabedoría ás xeracións vindeiras. Nun día coma o de hoxe cómpre recoñecer esa labor a Pilar Astray e felicitala, porque a asociación suple unha función que, de non ser por ela, quedaría baleira. Este martes, todos aqueles que queiran aportar o seu gran de area á causa poden –e deben– coller o traxe do armario e lucilo polas rúas de Santiago.

27 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito