Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Que tódolos días sexan 17 de Maio

Partindo da base de que todo e mellorable, o estado de saúde do galego a estas alturas do século XXI e razoablemente bo, segundo trasladan os datos oficiais. A porcentaxe de galegofalantes medra lixeiramente ata chegar a sumar un 51,88% da poboación (fronte ao 50,90% rexistrado en 2013). Se a elas lles sumamos as bilingües con predominio do castelán, temos que se incrementa ata un 75,02% a taxa de persoas que emprega nalgunha medida o idioma propio na súa vida cotiá, o que supón preto de dous millóns. Así mesmo, obsérvase tamén un pequeno incremento do bilingüismo fronte ao monolingüismo, tanto en galego como en castelán, segundo sentencia o secretario xeral de Política Lingüística Valentín García Gómez. Non hai, atendendo a súas verbas, cifras dramáticas que nos fagan temer a curto prazo polo futuro do elemento más representativo da nosa cultura. E sen embargo, tampouco convén caer nun trunfalismo excesivo que agache algunhas eivas ou ameazas que compre ter ben vixiadas. O mesmo que aínda que non padezamos problemas de corazón ou sobrepeso e preciso facerse de cando en vez unha análise de sangue ou controlar o colesterol, antes de que sexa on corpo quen dea o aviso cando xa poidera ser demasiado tarde. Neste senso, e indubidable que continúanse a dar certos atrancos, nomeadamente no eido privado, segundo denuncian, como traslada o BNG, moitos clientes das entidades bancarias cando buscan abrir unha conta ou queren contratar un seguro e asinar a documentación na súa lingua, dificultando así que se podan exercer lexítimos dereitos en tódolos expazos. Hai que traballar, desde xeito, tanto para corrixir todo aquelo que aínda non funciona como para preservar as conquistas acadadas nestas décadas, pois se algos nos ensinou a historia e que nada, nin tan siquera a paz ou a democracia, poden darse sempre por feitas, como dan boa fe en Ucraína, onde ata fai poucos meses a idea de estar en guerra nin se lles pasaba polo maxín. Nun mundo en constante evolución, onde a globalización ten efectos positivos pero non está exenta da riscos, manter as formas e a tradición, pola que tanto traballou Florencio Delgado Gurriarán, o poeta homenaxedo, e máis importante que nunca. Desde a pluralidade e incluso a discrepancia, pero mantendo a concordia e sempre vivo o espírito de sermos galegos. Hoxe, 17 de Maio, e día de reivindicalo. Mañá e o resto do ano tamén.

17 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito