Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Solidariedade dende Cabana con Arxentina a través de Íntegro

donación Dende hai máis de vinte e cinco anos, a Asociación Íntegro vén traballando a prol da mellora da calidade de vida das persoas con diversidade funcional da Costa da Morte. Conscientes dos atrancos aos que se debe de enfrontar cada día este colectivo, non dubidaron en amosar a súa solidariedade cun centro similar en Arxentina que, debido á sua precaria situación económica, podería ter que pechar as súas portas e deixar sen asistencia ás mais de 60 persoas que están acollidas no Hogar San Camilo de Vagues, que dirixe un veciño de Cospindo, en Ponteceso. A asociación que preside Adolfo López doará a este centro a recadación que obteñan na campaña de Nadal coa venda de agasallos e adornos, demostrando así que a solidariedade, ao igual que as necesidades, non coñecen de fronteiras. Un exemplo a seguir.

01 dic 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.