Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tanxugueiras e a economía galega

    A Galicia saíronlle unhas inesperadas embaixadoras, as mellores posibles. Artistas da nosa área compostelana que acadaron que se fale da música tradicional galega y da nosa lingua como nunca antes. Pode ser por pudor, pode ser porque nunca acabamos de crer de todo en nós, que o de ir a Eurovisión cunha canción en galego e galega, toda unha foliada comprimida, parecía unha tolemia. Pero hoxe é sábado e as Tanxugueiras están na final do Benidorm Fest e teñen, de non mediar tongo, todo con elas para representarnos ante Europa. E orgullosos que estaremos, máxime porque terían máis papeletas para gañar que a meirande parte dos candidatos enviados por España nas últimas décadas. E que teñen que ver Aida, Olaia e Sabela coa economía galega? Pois que temos que empezar a crer nela, como facemos agora coas nosas cantareiras. Porque desde aquí agora mesmo estamos a conseguir vender moda galega na meirande parte do mundo; porque hai coches made in Vigo que se exportan a ducias de países; porque os alimentos, da carne aos lácteos, pasando polo peixe e mariscos, ou as bebidas, dos viños á cervexa que aquí producimos, teñen ás veces máis prestixio fóra que nas nosas casas; porque temos I+D+i, tecnoloxía, TICs e biotecnolóxicas que xa quixeran noutros lares. Temos que empezar a crer en nós. Adiante, PIB galego, e a gañar, Tanxugueiras!

    29 ene 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito