Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tecendo un futuro xusto e solidario

    Construindo o futuro ‘Despaciño e a boa letra’, como se acostuma a decir, na nosa comunidade estamos avanzando cada día máis hacia unha paridade real- aínda que só sexa nalgúns aspectos-. E é que os datos que reflicten o informe de economía social presentado pola administración autonómica son dignos de celebrar: un 51% das persoas que fundaron unha cooperativa o ano pasado foron mulleres. Pero e que, ademais, as novas son doblemente boas, porque as cooperativas forman parte dunha fórmula empresarial menos agresiva e máis solidaria que as tradicionais capitalistas, polo que alén de ver como se crean novas iniciativas e empresas e como a muller gaña un rol activo neste proceso, confórmase un tecido empresarial máis inclusivo e igualitario ao mesmo tempo. Todo profundamente influenciado pola aposta pola economía social e por romper a brecha de xénero que se está levando a cabo dende as administracións, imprescindible para combater o salvaxe mundo empresarial e as trabas que as mulleres se atopan cando buscan plantar nel a súa bandeira. Son pequenos pasos cara un mundo con máis paridade e una economía máis humana, e que,sobre todo nun contexto coma o actual, marcado pola crise de prezos, a inflación e a incerteza do futuro máis próximo, son coma zancadas axigantadas.

    29 nov 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito