Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Todo un comisario de
excepción para unha extraordinaria mostra

de primeiro nivel O 2021 vén cargado de esperanza, sobre todo para Galicia xa que é Ano Santo, e con el chegarán importantes acontecementos culturais como os que hoxe presentaron en Madrid o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a directora da Biblioteca Nacional, Ana Santos. Centrados en Emilia Pardo Bazán e no Camiño de Santiago, utilizarán fondos da ilustre biblioteca para montar dúas singulares exposicións. A dedicada á Ruta Xacobea conta cun comisario de excepción: Darío Villanueva, que na súa longa traxectoria vén desempeñando un papel fundamental na promoción internacional do Camiño e de todos os ámbitos relacionado con el. Se o tema e o material son importantes, o feito de que o catedrático e exdirector da RAE dirixa este proxecto é un seguro para que resulte un éxito e, sen dúbida, por el apostamos.

02 dic 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.