Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 23 julio 2021
21:14
h

Á disposición dos lobos

    OS labregos de moitas zonas de Galicia, para coidar ás ovellas, ás becerriñas novas, ás bestas paridas e ás burras preñadas, ás cabras que saltan, aos porcos ceibes e a tódolos rabaños que andan no monte, ían para a serra bater aos lobos, coas escopetas cargadas. Eses animais carnívoros que por lei, pasaron de alimañas a seren unha das especies cinexéticas, a principios da década dos setenta do século pasado.

    Agora, tamén por imperativo legal, aparecen na listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial. “Foi cousa do demo”, din algúns dos representantes das comunidades autónomas participantes na reunión da Comisión Estatal de Patrimonio Natural do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (Miteco).

    Pero digan o que queiran, o texto normativo inclúe ao lobo, en tódalas po-boacións do Estado como unha especie de especial protección, independentemente de que mate ou deixe de matar a outros animais, que coida, protexe e mata o home. Ao parecer no Estado Español hai entre dous mil e dous mil cincocentos exemplares de lobas e lobos, a maioría (a práctica totalidade) andan nos montes do norte do Río Duero. Así as comunidades de Asturias, Cantabria, Galicia e Castela e León xuntaron as súas forzas en contra da proposta de protección deste animal, con Madrid, Murcia, Euskadi e Andalucía, pero perderon a votación.

    O propio Ministerio e os representantes de Cataluña, Aragón, A Rioxa, Es-
    tremadura, Castela-A Mancha, Cana-
    rias, Baleares e Melilla salváronlle a
    vida ao lobo feroz, para que poida vivir en paz, comer e matar canto poida e
    onde poida. Pobres ovellas e rabaños! Pobre vaca marela! Pobres labradores atacados polos feros animais coidados pola legalidade da norma!

    Xa vén de atrás, o Comité Científico
    de Flora e Fauna, dependente do Mite-co, elaborou un ditame o ano pasado,
    no que aconsellaba incluír ao lobo na
    listaxe de Especies en Réxime de Pro-
    tección Especial, como especie ameazada. Agora, este animal ten liberdade
    para agredir. Aos outros tócalles ver e,
    se poden, escapar.

    Dicíao moi ben Novoneyra, “Cousas do lobo!”, que baixa e vai “ruxindo na folla dos carreiros / en busca da vagoada máis sola e máis medosa...”. E, mentres tanto, nós quedamos coa beleza doutro verso do mesmo poema, “O lobo! Os ollos o lombo do lobo!”. E aqueles que queren ser ecoloxistas, que lles doe? Seguramente, como di a Tía Manuela, “a incoherencia, a imposibilidade de ser e non ser ao mesmo tempo e no mesmo instante”. Os milleiros de aldeas baleiras da nosa terra, xa están á disposición dos lobos.

    10 feb 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito