Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A doutrina Botín

    ESTES da dereita española teñen cada cousa que ten que se lles diga. Alporízanse todos contra o PSOE e os nacionalistas por querer reformar os delitos de sedición e de malversación dos diñeiros públicos. No PP teñen unha ringleira de dirixentes imputados por eses delitos e non se lles ocorreu mudar as leis.

    Que é iso de levar a discusión ao Congreso? Que é iso de aprobar leis por maioría? Que é iso
    da política parlamentaria? Iso é traición a España. Porque eles,
    e só eles, son España! Aínda non deron superado a ideoloxía que impuxeron no 1936 polas armas
    e o terror.

    E, mentres eses que “queren romper España á marxe dos
    mecanismos constitucionais”, Feixóo dixit, botan man da polí-
    tica parlamentaria, o PP non só
    a despreza, senón que se nega a cumprir a Constitución e mu-
    dar os principais órganos xudiciais. Así levan catro anos, agardando para ver se son quen de gañar as próximas eleccións e non troca nada.

    Porque os de Podemos e, menos os nacionalistas, non son españois, e non deben de ter capacidade de decisión á hora de nomear eses ilustres órganos que teñen a España “atada e ben atada”.

    Se cadra vostedes pensan que Feixóo tivo un trasacordo hai unhas semanas por cuestións ideolóxicas, tentando parar a reforma das penas por sedición? Ou aínda pensarán tamén que foron Ayuso e os seus os que o fixeron recuar...?

    Almas cándidas! Ayuso é unha latriqueira que ventea ben e ponlle voz ao que pensan os grandes poderes que constitúen o Estado.

    Os primeiros que non queren deixar os seus cargos son os maxistrados do Constitucional e do Supremo. Como afirma o ilustre avogado Nemésio Barxa, “a xustiza do franquismo non foi depurada”.

    Só lles propoño un exercicio de memoria para que entendan o que está pasando. Lembren cantos foron encausados por delitos económicos desde que están es-tes maxistrados na xestión e cantos foron absoltos polos máxi-
    mos órganos xudiciais. Aí está a doutrina Botín.

    A xustiza non é un “cachondeo” como dixo Pacheco, senón un poder do Estado.

    19 nov 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.