Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A hexemonía da CIG

    A CIG vai reiterar hoxe, no seu VIII Congreso, o seu compromiso co movemento nacionalista e a súa aposta porque a “clase traballadora e o pobo galego non só incida, senón decida sobre a política económica, social, industrial e laboral”.

    As análises que se realizan a coito sobre o nacionalismo só se centran nos resultados electorais do BNG e no seu poder institucional.

    Un erro que, no caso dos especialistas, é a man tenta. Imperdoábel en moitos cadros nacionalistas, militantes ou desencantados.

    A CIG representa case ao 10% da poboación asalariada galega. O mellor dato que nunca acadou un sindicato. Ten 77.000 afiliados, mentres que UXT e CCOO, xuntas, non chegan aos 50.000.

    Aí está tamén o 30% da súa representación sindical, o que a converte en primeira forza, superando a UXT e CCOO. Algo que non é doado pois os sindicatos estatais non só contan co apoio da patronal ou das administracións, senón que, nalgúns sectores, funcionan como verdadeiros sindicatos amarelos.

    Por outra banda, o diálogo social que practican UXT e CCOO, está non só a contribuír ao desprestixio da loita sindical, senón que supón un atranco para dar a batalla ideolóxica, impedindo a mobilización social que, coa pandemia, leva ao esmalloamento e a resignación.

    A verdadeira forza da CIG está, precisamente, na súa capacidade mobilizadora. Non só na axitación nas empresas, senón na súa capacidade de protestas nas rúas. A CIG liderou o 95% das manifestacións o ano pasado, desde o ensino á sanidade, desde a suba da luz ás pensións, desde o feminismo as denuncias pola violencia de xénero, e participou noutras moitas como as Letras galegas ao Día da Patria...

    Que serían os nosos dereitos individuais e nacionais se non
    fose pola dinámica dun sindica-
    to reivindicativo e dinámico co-mo a CIG?

    Hai que anotarlle no debe a súa eiva para trasladar toda esa forza á toma de conciencia nacionalista e de clase en boa parte da súa afiliación, e, tamén, o obreirismo instalado nalgúns dirixentes de certas federacións que levan a desprezar todo movemento nacionalista que se afaste do sindical.

    09 oct 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito