Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A inacción financeira de Feijóo

    A Xunta de Galicia foi quen de equiparar as axudas aos autónomos (persoas físicas ou societarias) afiliados ao Réxime de Autónomos (RETA) da Seguridade Social (SS) coas persoas asociadas ás Mutualidades alternativas á SS (avogacía e procura, enxeñarías e arquitecturas superior e técnica, medicina e química). Financia e financiará con nada (0,00 €) ás persoas autónomas afiliadas a unha ou á outra das devanditas modalidades protectoras. Unha moi aquelada igualdade de trato –por abaixo–, que se engade á deficiente cobertura financeira duns servizos da quenda de oficio dos avogados galegos que foi conxelada (aproximadamente) en 10 M €/ano dende 2010 malia o grande incremento da litixiosidade xurídica.

    A 50 días das eleccións nacionais do 12-X a achega orzamentada do Goberno galego á reconstrución ecoómica do País non sobarda os 40 M €: 30 M€ para unha liña do IGAPE de subvencións de xuros de préstamos para pemes (que complementaba as insuficiencias do Goberno central, semprew atento ás grandes empresas españolas) e outros 10 M€ da sociedade pública galega xestora de fondos de capital-risco, Xesgalicia. Unha cativeza.

    Coinciden estas circunstancias preelectorais, xa que logo, coa absoluta inutilidade das ferramentas económicas, financeiras e tecnolóxicas do Goberno galego, na dupla consideración do que non fixeron dende a asunción do Goberno polo PP de Núñez Feijóo en abril de 2009 e o que non fan desque se declarou o estado de emerxencia sanitaria galega o 12-13 M 2020. O IGAPE, malia a capacidade técnica do seu cadro de persoal, non é quén de estruturar unha resposta propia dunha Banca Pública galega, mesmo dun Instituto Galego de Financiamento, a esta xeira destrutiva. Xesgalicia semella que só atende proxectos escollidos dende o criterio parcial e partidista. E a Axencia Galega de Inovación (Again) no canto de acompañar ás nosas empresas tecnolóxicas, afógaas nun mar de papel e burocracia.

    No entanto, Catalunya, Euskadi, o País Valencià, Madrid, as Illas Canarias, Nafarroa e Castela A Mancha decidiron axudas directas a estas persoas autónomas, a grande maioría ampliadas tamén ás autónomas societarias e ás mutualistas alternativas ao Reta da SS.

    Autónomas e pemes na Galicia enfrontamos a crise económica derivada da Covid-19 sen complicidade ningunha dun Goberno que é merecente do alcume de dependentista e nunca mereceu chamarse autónomo. Nos once anos do Goberno Feijóo e na súa inacción actual na crise pandémica, autónomos e pemes na Galicia nin tivemos nin temos quen nos valla.

    24 may 2020 / 23:01
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.