Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 31 octubre 2020
03:41
h

A intercomunicación
político-social

    TENSE dito que o ‘líder’ era un subproduto, un complemento preciso, para o mundo que aspiraba á “boa sociedade” ou a unha sociedade xusta e correcta e que se esforzaba por manter na distancia todas as alternativas malas ou mesmo incorrectas. Nembargantes o mundo ‘líquido moderno’ mantense á marxe diso. Con todo, non faltan aqueles que aducen comprender, e algúns teñen numerosos seguidores. Eses informados, aínda aqueles dos que os seus coñecementos non foron postos publicamente en dúbida non son, con todo, ‘líderes’ senón, así é todo, ‘asesores’. Os líderes esixen e agardan disciplina; os asesores contan coa vontade de seren escoitados e atendidos, se ben deben gañarse esa vontade, conseguindo a gracia dos seus potenciais ouvintes.

    Outra diferencia crucial entre líderes e asesores é que os primeiros funcionan como tradutores entre o benestar individual e o benestar de todos ou entre as preocupacións privadas e os temas públicos. Pola contra, os asesores procuran moi ben traspasar a área pechada do privado. O asesoramento que aportan os asesores refírese á política da vida, non da Política; indican aquelo que as persoas asesoradas poden realizar por e para si mesmas, non o que poderían conseguir todas xuntas para cada unha se xuntaran forzas.

    O pronome persoal máis usado polos líderes é ‘nosoutros’ e polo que se refire aos asesores é de uso moi raro: o nosoutros é un caos de “eus”, e ese caos a diferencia do grupo de Émile Durkheim, non é meirande que a suma das súas partes. Non medra o mellor. Se o que importaran foran os resultados das políticas, buscaríase a ‘meritocracia’. Máis se o que se procura é o poder, hai dúas claves que non fallan: mellor amigos... e mellor mediocres. É o que se lle chama en moitos ámbitos estrutura mediócrata. Así evítanse discusións, enfrontamentos, dimisións... e lógrase unidade.

    Pensadores importantes, entre os que compre citar como máis eminente a Jurgen Habermas, advirten que a esfera privada está a ser invadida, conquistada e colonizada pola esfera pública. O que está a ocorrer actualmente non é tan só unha nova renegociación da móbil fronteira entre o privado e máis o público. Da impresión de estar en xogo unha redefinición da esfera pública como un teatro de dramas privados, exhibíndoos á vista do público, e agora o que se percibe como temas públicos son os problemas privados. Honrado, comunicativo e competente.

    Os expertos en comunicación política teñen claras as cualidades que deberían adornar a un líder político. Honrado porque os votantes esperan que defenda os intereses dos cidadáns por diante dos seus. Os verdadeiros líderes miran más alá dos catro anos de eleccións, son os grandes políticos. Perden diñeiro pero gañan satisfacción persoal á hora de traballar para todos, facendo máis e menos polo seu pobo, cidade ou país. Comunicativo ha ser un líder para transmitir as súas ideas e valores. E competente. Porque dificilmente se pode desempeñar un cargo político de forma eficiente sen ter preparación.

    17 oct 2020 / 22:25
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.