Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A mente: cremalleira de traballo e coñecemento

    A cremalleira é un invento eficiente que permite conectar materiais e facilita a apertura e o peche. É probable que vistamos sempre cunha integrada na nosa roupa, pero valorámola só cando se atasca ou salta o conector.

    Confeso que nesta ocasión non foi a vía téxtil a que trouxo este trebello ao titular. Ven da man de Alberto Fortes, o autor do libro “A viaxe xeométrica de Domingo Fontán”. El escribe os capítulos impares de ficción entrefebrados en cremalleira cos pares de non ficción. Moi recomendable e inspirador, non só por tratar do mestre de Porta de Conde, senón por conectar ficción e realidade.

    O valor da cremalleira é ter a posibilidade de abrir e pechar con control. A boa colleita para o deporte galego e español nos xogos olímpicos, permítenos escoitar que as persoas que acadan medallas. Salientan nas súas declaracións a importancia das variables espaciais e temporais, a gratitude equipos forman parte e tamén poñen o acento no tempo levan traballando. Admirar o éxito de Ana Peleteiro, Teresa Portela o Nico Rodríguez, é trivial, pero sobre todo hai que recoñecer os mínimos que os impulsaron a acadar os metais e diplomas que hoxe valoramos. É tamén importante que os non éxitos en metal de Simone Biles puxeran o foco na mente, como a cremalleira que conecta o traballo e o coñecemento técnico, abrir e pechar amosouse que non é trivial, nin para as olimpíadas, que poden ser o capítulos impares do libro de Fortes, nin para a vida cotiá, a dos pares que vivimos as persoas non olímpicas.

    Desde marzo do 2020 no que se abriu unha cremalleira entre o mundo coñecido e o descoñecido polas variables da pandemia, a cremalleira da mente é máis estratéxica que nunca. Amplificáronse os nosos comportamentos e fíxose patente a valía da nosa cabeciña que abre e pecha celebracións e feitos lutuosos, éxitos e fracasos que desvelarán aprendizaxes, se sabemos descubrilos.

    Durante este curso o persoal de dos centros educativos tivemos que conectar traballo e coñecemento para adaptarnos ás novas realidades, e máis que nunca tivemos que ser conscientes de todos os problemas mentais que a pandemia amplificou.

    Nunca tanta semántica médica agromou nos titulares dos medios, pero non se normalizou a necesidade de ir a unha consulta médica por temas mentais. As escaiolas aínda que dificulten as veces a nosa mobilidade, non impiden a comunicación dos feitos que as causaron, o que axuda á recuperación. Os problemas mentais teñen a dificultade intrínseca de que as persoas que os padecen non os recoñecen como tales, para explicalos moitas veces buscan respostas en inimigos ou inimigas invisibles que as veces identifican con persoas da contorna. A solución pasa polas persoas próximas valentes e honestas que son as que fan ver o problema e o conectan con profesionais. Persoas que activan a cremalleira da mente para abrir solucións e pechar problemas.

    Temos que seguir aplaudindo as medallas, sen esquecer a sabedoría das non medallas que activan a cremalleira da mente!

    10 ago 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.