Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A sociedade líquida

    A extrapolación de feitos do pasado co obxecto de predicir tendencias futuras non deixa de ser una práctica cada vez máis arriscada e, con frecuencia, enganosa. Cada vez resulta máis difícil realizar cálculos fidedignos e os prognósticos infalíbeis son xa inimaxinábeis: si, por unha parte, non son descoñecidas a maioría (cando non a totalidade) das variábeis das ecuacións, por outra, ningunha estimación da súa evolución futura pode ser considerada plena e verdadeiramente fiábel. Nun resume, a vida líquida é unha vida precaria e vivida en condicións de incerteza constante.

    A información que máis precisan os practicantes da vida moderna líquida non é a de como empezar ou inaugurar, principalmente, senón a de como rematar ou clausurar. Quizais a descrición da vida moderna como unha serie de novos comezos serva inadvertidamente para encubrir unha especie de conspiración: ao reproducir unha ilusión compartida en común axuda a ocultar o seu segredo máis celosamente gardado.

    Quizais un xeito máis adecuado de narrar esa vida sexa contando unha historia de finais sucesivos. E quizais a gloria da vida líquida vivida con éxito puidera expresarse mellor ao través da discreción das tumbas que aliñan o seu progreso mediante a ostentación das lápidas que conmemoran o contido de ditas tumbas.

    A vida nunha sociedade moderna líquida non pode deterse. Compre modernizarse, desprenderse, día si, día tamén, de atributos que rebordaron a súa caducidade e despoxarse das identidades ensambladas ou morrer. A destrución creativa é un xeito de proceder da vida líquida, máis o que ese concepto silenciosamente pasa por alto e minimiza é que o que esta creación destrúe son outros xeitos de vida, e con elo, indirectamente aos seres humanos que as practican.

    A vida líquida é unha vida devoradora. Asigna ao mundo e a os seus fragmentos animados o papel de obxectos de consumo, e dicir, de obxectos que perden a súa utilidade no transcurso mesmo de ser utilizados. Ademais, condiciona, o xuízo e a evasión de tódolos fragmentos animados e inanimados do mundo axustándoos ao patrón de tales obxectos de consumo.

    Si a vida líquida esperta interese pola reforma social é por unha transformación que trata de impulsar a sociedade, aínda máis, cara a renuncia (unha a unha) de todas as súas pretensións. Incluso a nova preocupación polos temas medioambientais debe a súa popularidade á existencia dunha conexión entre o mal uso predatorio dos recursos comúns do planeta e a ameaza que elo podería supoñer para o desenvolvemento fluído das actividades egocéntricas da vida líquida.

    As sortes da liberdade, da democracia que a fai posíbel e da educación que alimenta a insatisfacción co nivel de liberdade e de democracia acadados ata ese intre, están inextricabelmente ligadas e non poden desvincularse. As esperanzas e as posibilidades da humanidade están inscritas dentro de dito círculo e non poden estalo dentro de ningún outro. Pretensións que semellan ser o futuro político do Estado.

    30 ago 2020 / 00:10
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.