Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A traidoría
de Feixóo

    ENTENDO que Núñez Feixóo se marchase para Madrid, era a súa grande arela.

    Tamén aveño que criticase a Miguel Iceta por “rachar o compromiso cos cataláns e procura-
    se unha acta no Senado”. Todos temos trasacordos e ollamos as nosas vidas e obras de xeito diferente do que o facemos coas dos demais. Finalmente el fixo o mesmo, só que en Madrid o explicou doutro xeito: vai ao Senado, co seu fiel escudeiro Miguel Tellado, encomendeiro do peto dos insultos, para “poder confrontar así co presidente Sánchez”.

    Tamén tentan explicalo os
    seus en Galiza afirmando que ninguén mellor que ese dúo di-námico para defender os nosos intereses alá na Cámara Alta, “pola súa experiencia e os pos-
    tos que ocuparon”.

    Eu nunca xogueo, pero vostedes poden facelo se queren divertirse: cantas veces nos plenos de control a Sánchez Núñez, Feixóo o inquirira por unha cuestión que afecte directamente a Galiza?

    Tamén endergo, malia as súas bágoas, que Núñez Feixóo perda a súa “condición política de galego” ao empadroarse en Madrid e fixar na capital a súa residencia habitual. Véxoo cantando aquela de “soy español, español, español...”, porque alí seica “respira liberdade”. Olé!

    O que non poido perdoarlle é que aos poucos días de estar en Madrid xa mudase de criterio
    sobre o financiamento autonó-mico. Coas cousas de comer non se xoga!

    O pasado 18 de maio, nun acto con empresarios en Sevilla, defendeu o criterio demográfico como xeito de mellorar o financiamento autonómico. Así o titularon a maioría dos diarios e non foi desmentido, xa que logo, non serve a retesía de que o interpretamos mal. “Non se financian territorios, senón persoas”, afirmou.

    O criterio de primar a poboación, que lle criticaba a Sánchez, é o que máis beneficia a Andalucía. En Galiza o PP sempre defendeu como criterios que marcasen o noso financiamento a dispersión e o envellecemento. Este cambio de postura só ten unha palabra para definilo: traidoría. Mudarán o PPdG e a Xunta de criterio? Enfrontarase Rueda a Feixóo...

    04 jun 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.