Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aborto, cans e violencia social

    CANDO algúns estados democráticos están clamando pola defensa da vida de quen está no seo da nai, a nación española, deixándose levar polos movementos populistas, quere discutir se permitir o aborto ás menores de idade sen consentimento dos pais. Con isto desvíase o problema, pois a defensa da vida debe comezar desde que hai vida, sen cuestionar nada mais. Cumpriría preguntarlle aos doutores en menciña cando comeza a vida do feto, e solicitar o informe dos xuristas sobre se é xusto destinar o diñeiro do pobo a eliminar vidas, como se fora un servizo sanitario.

    Por outra banda, cando non se lle piden contas dun delito a unha moza de dezasete anos, por ser menor de idade, non parecería xusto privar da axuda paterna a unha moza de dezaseis. E hoxe, cando hai tanto engano por internet ou polas redes, coidan que está ben deixar ás mozas nas mans dos pederastas, eximíndoas do consello paterno, cando está en xogo a vida que levan no seo?

    Hai pouco que lle pediron contas ao dono dunha cadela, por ter provocado dous abortos, de xeito que non naceron todas as crías que cumpriría. No caso de abortar unha dona, non lle darían esa importancia os medios, mesmo se, ao desfacer unha criatura que estaba no ventre da nai, non deixaría de nacer un gato nin a un can, se non unha persoa humana.

    Queixámonos da “violencia de xénero”, cando en realidade trátase dunha violencia social, consecuencia dalgunhas leis. As mesmas guerras teñen o seu inicio nas loitas entre nenos por conservar o que reclaman como propio, e nas discusións das familias por unha herdanza que compartir. Esa violencia é consecuencia das decisións dos dirixentes, ao dar cobertura legal á eliminación da vida do ventre da nai. Os que teñen o poder, desexan legalizar o que a algunha xente lle agrada, mesmo se non é moral, como o eliminar unha vida á que deron inicio sen deber facelo.

    17 may 2022 / 00:50
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito