Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alarma como ferramenta xurídica

    A lexislación estatal e autonómica sanitaria e, no caso da Galicia, a lexislación de emerxencias promulgada polo goberno de coalición BNG-PSdeG no 2007, fornece no noso País de case todos os principais instrumentos para que as Autoridades sanitarias galegas poidan adoptar medidas efectivas nesta crise pandémica, entre elas o incautamento de productos e medicamentos, racionamentos, restricións de aforos, intervención de empresas e mesmo impór prestacións personais obrigatorias ás persoas vencelladas cunha relación especial de suxeición coas Administración Públicas (empregados, contratistas e concesionarios públicos).

    Mesmo a Lei Orgánica 3/1986, de medidas especiais no eido da saúde pública, permítelle ás Autoridades Sanitarias galegas a adopción de medidas de hospitalización, control e tratamento de persoas cando exsita perigo para a saúde pública pola situación sanitaria concreta dalgunhas persoas. Esta caste de medidas precisa da aprobación xudicial e só se refiren a esa situación sanitaria de persoas doentes ou, cando menos, positivas .

    Cál é, pois, a deficiencia normativa a respecto das competencias da Xunta de Galicia? A posibilidade de adoptar medidas de restricción xeral de mobilidade, quer nun concreto tempo, quer para sair ou entrar nun territorio (confinamento), cando as persoas destinatarias non teñan vencello ningún coa doenza pandémica por mor dunha previa diagnose.

    Nas democracias liberáis as restricións das liberdades requiren de medidas excepcionais. E, na deficiente andamiaxe constitucional do Estado, o Goberno galego non ten esta capacidade e só pode actuar no marco dun previo estado de alarma (alerta, no noso galego) declarado polo Goberno do Estado.

    Entón, as medidas que vai adoptar hoxe o Goberno do Estado haberían outorgarlle ás Administracións autonómicas da capacidade de restrinxir con carácter xeral a mobilidade das persoas nas franxas territoriais, horarias e modais que adopten en cada caso en función das necesidades de cada territorio. Porque a pluralidade demográfica, poboacional e mesmo epidemiolóxica do Estado require só de ferramentas xurídicas para que os Gobernos territoriais, que snon os que coñecen de verdade os países e as rexións, adopten as decisión que cumpran en cada caso.

    Neste contexto, a lexislación de desenvolvemento constitucional permite declarar o chamado estado de alarma para parte do territorio atribuíndolle o mando operativo ao Presidente da Comunidade Autónoma atinxida. No suposto de se declarar para todo o territorio do Estado, a autoridade competente ten de ser o propio Goberno do Estado, mais pode –e debe– nomear Autoridades Delegadas a cadanseus Presidentes autonómicos, para que poidan aquelar as decisións a cadansuas necesidades territoriais.

    O Goberno do Estado ten a oportunidade de achegar a autoridade democrática na decisión ás distintas nacións e territorios que compoñen a realidade plurinacional do Estado. Será quén a facelo?

    25 oct 2020 / 00:10
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito