Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Animemos e ide...

    O meu veciño Cazón, botaba medio ano rosmando que “hai que ir pola auga da rega” e outro medio tarabeleando que “hai que amañar a pista”.

    Cando chegaba o mes de xullo e íamos limpar o rego da auga e facer as pozas da rega, el nunca aparecía. O mesmo pasaba cando poñíamos día para amañar a pista.

    Ano tras ano tiña as mesmas desculpas: “e que se non imos todos non se fai nada...”, “é que sempre nós toca de traballar aos mesmos...”, “é que, para o que facemos, é mellor non facer nada”.

    O mesmo lle pasa a moita cidadanía co das eleccións. Querer queren que se fagan as cousas, mesmo
    a destempo (pola rega non se podía ir até xullo). Pero o día das eleccións, sempre atopan unha descul-pa para ficar na casa... E a culpa sempre é dos demais veciños, sobre todo daqueles que, ano tras ano, toman a responsabilidade de convocar aos demais.

    O da unidade, que eles sempre rachan. O de que o día lles ben mal. Ou o de que as cousas non se fagan como eles quixeran, sen dicir nunca como sería máis que iso xenéri-co, “hai que facelas ben feitas”, son as desculpas recorridas e recorrentes para ficar na casa.

    Polo que se ve, nada novo, cando se trata de mirar polo ben común.

    Nas eleccións de mañá o risco de desmobilización é aínda moito máis real. E moitas persoas encheranse aínda de máis razóns para non exercer a súa responsabilidade. E teñen todo preparado pa-
    ra o día despois para botarlle a cul-pa a todos os demais.

    Fronte a estas personaxes tan politizadas que o día das eleccións fican na casa, hai outras que pasan tamén todo o ano dicindo que elas non son políticas, que de política non queren saber nada, que total todos os políticos son o mesmo, que se van ao seu... Pero o día das eleccións non fallan. Alí aparecen puntuais coa súa papeleta para
    cumprir coma cidadáns.

    Aí está a diferencia entre o que indican as enquisas dos que “queren o cambio” e non fan nada por mudalo, e os que teiman en que todo continúa coma antes pero móvense.

    Non é mal día hoxe para reflexionar.

    10 jul 2020 / 22:32
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.