Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
rumorosos

As dúas caras do Bloque?

DIFERENZAS? Non será esta a primeira vez na que entremos a remarcar as dificultades que está a ter Ana Pontón para articular unha mensaxe unitaria dentro do Bloque Nacionalista Galego. Nin tampouco a primeira na que se apunten os problemas que representa que Néstor Rego, que pertence á corrente orgánica maioritaria dentro do frentismo (polo menos na cúpula), vaia por libre entrando en colisión coas mensaxes máis conciliadoras da portavoz nacional.

A profesora Erika Jaraiz, membro do Equipo de Investigacións Políticas da USC, referíase este domingo ás ambiguedades do Bloque sobre a guerra de Ucraína lembrando aquilo que dicía Miguel Gila de “alguén matou a alguén” como sinal das dificultades que arrastra Pontón para, en determinados asuntos en seral complicados, deixar clara unha postura que coincida coa maioría dos cidadáns, como é o caso da invasión de Ucraína, fronte á contundencia de Rego á hora de esixir, mesmo, a disolución da OTAN ou que España abandone ese organismo.

Seguro que Ana revólvese cada vez que Néstor opta pola vía da esquerda máis radical pero non parece ser capaz de dar o paso e desautorizalo a pesar de que sabe estar a se xogar boa parte das súas posibilidades de chegar a ser presidenta da Xunta. a, trabanca

08 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.