Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

As eleccións que veñen

    NÚÑEZ Feixó anuncia novas eleccións e afirma para xustificar a data do 12 de xullo: “O maior risco que temos agora mesmo en Galicia é a chegada de turistas que espero que sexan moitos”. Collan esa mosca polo rabo!

    Sostén Salmon que o “relato político debe sustentarse sobre os valores e ideas que se quere transmitir”. Desde a época de Fraga Iribarne, Galego coma ti, a dereita apostou pola emoción como cerne da súa comunicación política, “por iso canta, por iso chora”. Adiantáronse aos tempos e iso que aínda non existían as redes. Agora, afirma tamén o teórico francés, “a transgresión, o choque, é o que permite captar a atención. Non se algo é certo ou falso”.

    No PP galego son mestres nesta artimaña. Debería de sabelo a serenísima oposición, que se trabuca tentando descualificar a data electoral, pois, aínda que, como afirman os estudosos, a votación está condicionada pola pandemia, a maioría da cidadanía non pena ao ventaxeiro: “eles farían o mesmo”! Así que, en vez de laiarse do que xa non ten remedio, mellor lles sería construír un relato, unha narración propia coa que chegar ao electorado.

    Feixoó non só ten ese relato feito, senón que conta con todos os medios de comunicación, públicos e privados, para sustentalo, por iso se esquece do cabreo constante e improdutivo do PP de Madrid e se desfai mesmo dos dogmas ortodoxos do seu partido. Tanto que hai moitas persoas, teóricas opositoras, dispostas a mercarlle que xa é o gañador.

    Agora ben, como semella entender Ana Pontón, fronte a outros candidatos e mesmo reticencias internas, nunha sociedade tan estresada como a actual, nin serven os líderes cabreados, nin a linguaxe ferinte de xeito constante. É necesario un certo grao de convencionalismo na linguaxe política, pero tamén, digo eu, xerar unha emoción, palabras que creen imaxes. Ou como ben deixou dito Castelao, “converter o feito galego en idea; a idea en feito histórico”... E logo que os cidadáns decidan segundo os seus intereses.

    29 may 2020 / 22:50
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.