Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carvalho Calero, contra o piñeirismo

    CHEGOULLE o Día das Letras a Carvalho Calero. Quen o diría! Foi moito máis a polémica pola teima da maioría da Academia por non honralo, que nesta celebración a súa propia figura e a súa obra.

    Moitos xustificaron o pospoñemento de Carvallho Calero para evitar unha diatriba normativis-ta. Pero a súa postura reintegracionista era só un síntoma, unha “eiva” menor, dentro da grandeza intelectual e ética da súa figura, que os amolaba.

    Foi a unha conclusión a que cheguei hai moitos anos, logo de que fose buscalo a Compostela no meu coche e participásemos os dous como convidados nalgúns congresos en Portugal. As conversas foron longas e demoradas. Sobre todo, de política.

    Don Ricardo deume a entender que a súa marxinación non era por cuestión lingüísticas, nin moito menos, que el estaba a ser marxinado polo seu pensamento político, do que formaba parte, non podía ser doutro xeito, a súa aposta lingüística. E que había moitas persoas, dun e doutro lado en disputa, que pretendían reducir as súas discrepancias a unha normativa.

    Carvalho Calero, non o esquezamos, era un militante político en todo o senso amplo da palabra, e nunca deixou de selo. Un militante “ortodoxo” do Partido Galeguista, do de antes de 1936, cando, sendo moi novo, o escolleron para redactar o Estatuto de Autonomía. Que se negou a escribir semanalmente en A Nosa Terra, cando llo pedín, para medo a que fora usado para encadralo no Bloque e perder así o seu papel de referente histórico.

    Pero, sobre todo, Carvalho Calero era, na práctica, un antipiñeirista. Do vello piñerismo que liquida o PG e do novo Piñeirísimo que promove Realidade Galega e máis tarde rexeitan a autoorganización e dilúen o “galeguismo” para entrar en AP e no PSOE.

    A figura ética e o pensamen-
    to de don Ricardo chocan hoxe non só coa política da Xunta,
    que secundariza a nosa cultura
    o mesmo que a nosa autonomía, senón tamén con outras políti-
    ca institucionais, gobernadas
    polo Piñeirismo de terceira
    xeneración.

    15 may 2020 / 21:29
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.