Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Certificado certificación Covid

    A risco de equivocarme, dada tanta lexislación bailanacriba, existen tres tipos de certificado Covid: certificado de Recuperación, certificado de vacinación e certificado de Proba. Tamén debemos ter en conta, que cada comunidade autónoma expide os devanditos documentos e que hai diferentes vías para conseguilos. No noso caso, a través de É- saúde, Pass Covid, Sergas mobil, por vía telefónica, farmacias, centros de saúde ou puntos de vacinación. Pero, existe un baleiro dixital para os menores de idade e en concreto para o certificado de Recuperación. A saber:

    Este certificado xérase, se se superou a enfermidade, diagnosticada por PCR. Ten unha duración de 6 meses, contando a partir da data do resultado positivo. Sendo a súa data de descarga, 11 días a partir do diagnóstico.

    Pois, este certificado si se pode conseguir impreso nos centros de saúde, pero non se pode descargar o seu equivalente dixital. Os menores de idade non teñen acceso as apps por non poder obter a chave 365, nin certificado dixital e, ademais, non é propio da súa xeración andar cun papel cando o teñen todo no móbil. Dado que son moitos os rapaces que superaron a enfermidade, non estaría mal arbitrar unha solución para que dispoñan desa acreditación na súa versión dixital.

    Outros mozos non conseguiron entrar na quenda de vacinación e están moi molestos polos trámites de acceso. O servidor colapsado, nais e pais que están moi anoxados e defendían unha chamada por idade, letra... como se veu facendo, e non por ser o máis rápido do Far West.

    A mocidade ten os seus dereitos e obrigas como todos. Os lustros entre as décadas non son os mesmos, dependendo da década na que un se atope. Se ben os seus pais e avós poden facer vida social respectando os horarios de restricións, conforme aos niveis establecidos, coido que os nosos mozos teñen os mesmos dereitos. E para moitos de aqueles que xa pasaron a Covid cómpre acreditalos como é debido, e non cun papel engurrado no peto.

    13 ago 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito