Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Chegou o verán

    A principios de mes meu amigo Manolo achegouse a Pontevedra para patear a cidade e os seus arredores. Ao plan era que durmira o sábado na miña casa para pasar a fin de semana enteira, pero non foi posible porque seu irmán marchaba uns días da casa que teñen en Cacheiras e non lle quedaba outra que regresar a última hora para coidar de Boby, o seu can.

    A min non me tiña importado que viñera con el, pois coñézoo dende que naceu. Boby é tan cariñoso que cando chegas a súa casa é mellor esperar fóra, pois se entras, déixate saliva e a marca das súas patas por todas partes. Entrar ao xardín co coche tampouco é recomendable porque, so velo, comeza a aramar as súas portas coas uñas con tal forza que, para limpalas, tes que pasarte media hora frotándoas cun líquido especial.

    Ao chegar Manolo á estación de tren de Pontevedra, recolleuno co meu coche sobre a unha e, despois de aparcar e dar unha volta polo centro, fomos a tomar unha cervexa. As prazas estaban inundadas de gaiteiros. Como el levaba un xersei da Deputación de Pontevedra, díxenlle que aínda que tiña vido coa camiseta seu equipo –a do Depor– non tería ningún problema –eu tamén o son– porque na Boa Vila recíbese a todo o mundo coas mans abertas.

    Ao rematar de xantar nunha terraza, pouco antes de marchar, un home colleu parte da propina que deixamos na mesa, dicíndolle que non collera máis porque era do camareiro. O home fixo caso, escusándoo ámbolos os dous na seguridade de que o necesitaba.

    Despois fomos en coche á praia fluvial do Lérez, onde estivemos pouco rato porque Manolo quería ver mar; e logo tiramos para Aguete. Os catro quilómetros de costa que levan ao Naútico de Aguete dende Marín estaban tan cheos de coches, que era imposible aparcar. Ao final desistimos e acabamos tomado un refresco na estación de tren de Pontevedra, quedando eu como un parvo porque a última vez que fun a Aguete era inverno e non tiña na cabeza que xa estabamos no verán.

    Ao día seguinte fun ao Mercantil cun amigo que facía anos que non xogaba ao tenis e desexaba volver ás pistas, esquecéndome a raqueta na casa. Tiven sorte porque a pesar que só había tres pistas ocupadas das trece, pois en verán os socios prefiren ir á praia ou á piscina de cincuenta metros, un dos xogadores prestoume a súa segunda raqueta. Sen embargo, á media hora de xogo tivemos que parar porque o meu amigo tivo unha escordadura.

    A próxima vez que Manolo veña a Pontevedra, como quere volver a Aguete, só aceptareillo se o día anterior durme aquí ou chega á estación de tren ás sete ou ás oito da mañá. Pero Manolo, direille, non sabes que á praia en coche non se pode ir a calquera hora? Estamos no verán!

    24 jul 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito