Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Concerto económico para a Galiza

    Está a defender o Bloque Nacionalista Galego un Concerto económico para a Galiza. Trátase de recadar aquí o 100% dos impostos e logo facer contas co Estado.

    Este sistema xa funciona en Euskal-Herria e vexo inxusto que se poden telo alí non o poidamos ter na Galiza ou en Catalunya.

    Lembro que estando eu en Catalunya, no ano 1993, Esquerra Republicana de Catalunya fixo unha grande campaña ao respecto do Concerto económico, cunha grande repercusión pero sen chegar a conseguilo.

    Agora somos os galegos quen o reclamamos e o propio presidente Feijóo di que non o quere. Esta actitude é moi normal nun sipaio coma el, que ten na súa cabeza denantes o interese do Estado que o interese da Galiza, que é a quen representa.

    Que non se estrañen os políticos españois que dende a Galiza reclamemos unha República galega soberana ou dende Catalunya a independencia se non son quen de descentralizar o modelo fiscal permitíndonos a galegos e cataláns recadar e distribuír os nosos propios impostos.

    A Constitución española de 1978 é inxusta para nós en moitos aspectos, e un deles é non ter contemplado para a Galiza o Concerto económico.

    05 dic 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito