Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Corrupción, benestar e coidados

    PARTINDO da Carta dos dereitos dos anciáns e os deberes da comunidade aprobada por distintos gobernos, o Papa Francisco leva varias semanas falando das persoas maiores dende o balcón da Praza de San Pedro.

    En ningún período da historia houbo unha porcentaxe de persoas maiores tan alto, nin tan baixo de nenos, como agora. No inicio da Biblia sorprende que as persoas vivan séculos. Probablemente ten un significado, pois ao comezar unha nova vida todo é novo: espírito e vida, conciencia e liberdade, sensibilidade e responsabilidade... E, para contestar estas preguntas, precísase de paciencia.

    Nunha época caracterizada polo exceso de velocidade, os novos necesitan da experiencia e a sabedoría dos maiores. Fronte ao diálogo interxeracional, hoxe predomina o descarte dos maiores e os nenos. Necesitamos aprender –e moito– a perder o tempo, a chegar a casa e xogar co noso fillo e escoitar aos avós.

    Na historia de Noé (simbólica), Deus está amargado pola maldade dos homes e chega a pensar que se equivocou ao crealo. Como se pensara que parando a historia evitaríanse as vítimas causadas pola praga da corrupción, a violencia e a inxustiza.

    As veces estamos baixo a presión de tensións opostas. Por unha banda, está o optimismo de soñar cunha xuventude eterna, que pinta un futuro cheo de máquinas que curarán os nosos males e pensarán para nós as mellores solucións para non morrer: o mundo do robot. E, por outra, a fantasía dunha catástrofe final: que quedará despois dunha guerra atómica? Deberemos comezar de cero?

    Na historia da Arca da alianza, Deus encomenda a fidelidade ao maior de todos. Salvará a vellez (Noé) ao mundo? Cando os homes só limítanse a gozar da vida, a corrupción vén como algo normal no mundo dos negocios e outras esferas.

    Mentres a vida poida estar chea de benestar, non queremos pensar no que a baleira de xustiza e amor. Pero se “eu estou ben!” por que debo pensar nos problemas, nas guerras, na miseria humana, en canta pobreza e maldade? Non me importan os demais. Este é o pensamento inconsciente que nos leva a vivir nun estado de corrupción.

    A vellez está en condicións de captar ese engano. Unha vida obsesionada co desfrute, baleira de interioridade –sen pensamento, sacrificio, beleza, xustiza, amor nin verdade–, descarta aos demais. Os maiores deben alertar aos novos e dicirlles: por aí –isto é corrupción– non se vai a ningunha parte. Cando eu elixín este camiño, equivoqueime.

    Noé coida do futuro da súa xeración e constrúe a Arca sen lamentos. A sensibilidade especial dos maiores polas atencións, os pensamentos e os afectos que nos fan máis humanos, debería volver a ser unha vocación.

    14 may 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito